O cine tradicional morre lentamente. O que foi no seu momento un dos medios de comunicación máis aclamados como fenómeno social atravesa horas baixas. Son moitas as causas da baixada de espectadores que evidencian a fin dun ciclo e a necesidade de pensar nun novo modelo de exhibición cinematográfico.
Tedes un pequeno tesouro que debedes manter explicitou Fernando Trueba cando recollía en Santiago un dos premios que concedía o Festival Cineuropa. Referíase á fórmula que posibilita un encontro modesto que permite ver en 30 días 160 títulos que doutro xeito non chegarían ao público. A exhibición, controlada desde as majors e os grandes grupos empresariais, buscan a rendibilidade comercial como calquera outro negocio que fai que os títulos se concentren en toda Galicia e simplifique a oferta. O modelo tradicional de cine morre pola escasa oferta e a pouca afluencia.
O descenso das salas
Un dos cambios no panorama de exhibición é meramente cuantitativo. Por poñer un exemplo concreto, a cidade de Vigo conta hoxe coa metade de salas de cine que en 2004. E iso tamén se traduce en recadación, dos máis de dous millóns de espectadores (concretamente 2.237.210 usuarios), pasouse a 1.116.152 en 2009. Neste tempo pecharon os cines Tamberlick, o Odeón, o Cinevigo, os Multicines Centro, e os Box, os últimos en caer da listaxe. Outros, como o Fraga reorientaron o seu negocio e deixaron a súa pantalla única polo formato de multisalas tamén en crise. Outro exemplo concreto, pode ser o de Ourense, que este ano estivo durante uns días sen ningún tipo de oferta cinematográfica. A única sala de cinema, tivo que pechar logo dunha denuncia que sinalaba que non estaba acondicionado para minusválidos.
O boletín informativo do 2008, que edita anualmente o Ministerio de Cultura e que está dispoñible no web, fai referencia a este descenso de salas de cine. Pero apunta a que tamén se continuou co proceso de renovación e remodelación de infraestruturas e a apertura de multisalas situadas en zonas comerciais e de lecer ao longo do territorio, feito que inflúe o investimento de capital estranxeiro neste sector.
Xa non só películas
Nese cambio de modelo para as salas de cine inflúen dúas liñas. Dunha banda, o esforzo tecnolóxico para dar entrada ao 3D (estereoscópico dixital) e, da outra, a diversificación da oferta que deixa de ser cinematográfica e da cabida á retransmisión de eventos (deportivos, ópera ). Galicia non é allea a ningún dos dous movementos. Yelmo Los Rosales na Coruña xa conta desde hai meses con esta infraestrutura, seguida de Vigo mentres que Cinesa xa ten anunciado que nas súas salas de Área Central incorporará en breve esta tecnoloxía. Canda iso, esta mesma sala retransmite desde hai meses ópera nas súas salas e co pasado Barcelona-Real Madrid inaugurou a retransmisión de eventos deportivos.
O cinema en lingua propia
O panorama é aínda máis desolador se falamos de proxeccións cinematográficas feitas en galego. Dun seguimento realizado por Culturagalega.org das proxeccións (non de pagamento) feitas diariamente en Galicia, evidenciouse que o noso idioma non goza de boa saúde. De 858 proxeccións contabilizadas, as entidades que a programan non ofrecen ningunha indicación de idioma en 357, e cando o fan o galego sae mal parado. Desde xuño do 2008 e ata o 6 de novembro de 2009, das citas audiovisuais publicadas na axenda do portal emitíronse 255 filmes subtitulados en castelán, e só 57 en galego. Con respecto á dobraxe, das 86 producións emitidas en castelán só houbo 5 dobradas ao galego. Ademais, nos cinemas comerciais o número de copias en galego non supera nunca as tres copias esixidas polas convocatorias de subvencións. Lonxe entón estamos da situación estreada esta fin de semana en Cataluña, que puxo en marcha a Rede de Cines en Catalán con 53 salas que, curiosamente están á marxe da iniciativa pública. O Gremio de Empresarios de Cines de Catalunya e a Federación de Distribuidores Cinematográficos (Fedecine) foron os encargados de pór en marcha esta iniciativa que pretende incrementar as proxeccións nesta lingua un 148%.