Cultura apoia unha nova edición do Nadal Máxico

O programa achegará espectáculos deste xénero a 42 concellos de Galicia

Aparicións, adiviñacións, levitacións, transformacións ou escapismos son os ingredientes segredos deste Nadal. A Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión da Cultura volve apoiar o formato creado pola Asociación de Magos Profesionais, e posibilita o 4º Circuíto Galego da Maxia con 200.000 euros. Unha acción que permitirá que neste Nadal se desenvolvan 98 espectáculos para público familiar en 42 vilas.