A II Feira da Arte Galega permite adquirir obras ao grande público

O evento celébrase na Coruña ata o vindeiro 5 de xaneiro

Traballos orixinais de preto de 40 artistas galegos a prezos asequibles. Esta é a proposta da II Feira da Arte Galega, que se celebra no Hotel Hesperia da Coruña desde o pasado día 4 e se pode visitar ata o 5 de xaneiro. Entre outros, achegan pezas a este encontro creadores coma Branda, Eme, Isabel Pintado, Jaime Cabanas, Vanessa Lodeiro, Nin9 ou Pilar Botana entre moitos outros.