Nunca houbo en Galicia tantos músicos que se dediquen a compoñer. Esta efervescencia creativa débese, entre outras cousas, a que se multiplicaron os intérpretes para tocar esas partituras, a que aumentaron os locais de exhibición, á aparición de novos centros de estudosÂ….. O panorama da música actual está a vivir un momento dóce. Analizamos a situación da man de Carlos Villar, doutor en musicoloxÃa, que ten investigado a música contemporánea galega.
“A composición galega está en plena efervescencia cultural” afirma Carlos Villar, doutor en musicoloxÃa cunha tese sobre a composición galega actual. Pero non é algo que chegue da nada, senón que se debe a numerosas causas. Afirma Villar que “ata os anos oitenta e noventa non habÃa infraestruturas axeitadas para a promoción da creación musical en galego, os músicos tiñan que rematar a súa formación musical fóraÂ… un panorama que é ben diferente agora”. É nos oitenta, ao abeiro da aparición de conservatorios de grado medio e superior en Galicia, cando xurde unha nova xeración de compositores que aglutina a un grupo de autores nado a finais dos cincuenta, entre os que destacan nomes como Juan Vara, Manuel Balboa, Jorge BerdullasÂ….. Todos eles “fan unha música desligada ao que naquel momento era o modelo de creación compositiva galega: un nacionalismo moi próximo ao folclore no que Groba é un dos grandes protagonistas”, afirma Villar, investigador e actualmente profesor de composición galega nun mestrado sobre música hispana en Valladolid. Todo este movimento aumentou a vocación e repercutiu nos músicos novos que, nalgúns casos tiñeron un mellor nivel formativo, estaban a participar de linguaxes novas da vangarda internacional”. Nese sentido, Villar pide tempo para ver cara que dirección apunta a súa carreira.
A música na identidade cultural galega
A identidade cultural galega e a intelectualidade vén sendo definida desde as orixes do XIX polo eido literario, pero son moi evidentes e elocuentes os compromisos que se amosan nas artes plásticas. “É un fenómeno común a toda España que os compositores estiveran á marxe do resto da cultura en termos de militancia. Iso derivou en que quedaron afastados do centro do modelo cultural, non recoñecido culturalmente como foron os literatos, os escultores ou os pintores” explica Carlos Villar. Para el resulta claro que foi o descoñecemento (xa que existe un repertorio abundante, variadoÂ… con tipoloxÃas adscritas a calquera linguaxe contemporánea) e para corrixilo, o que hai que facer é divulgalo. E esta foi unha das conclusión da súa tese de doutoramento sobre a música contemporánea galega xurdida a partir dos anos oitenta que foi publicada por unha editorial nos Estados Unidos. Nese análise pola composición galega máis actual, Villar identifica tres etapas na creación contemporánea. Unha primeira relacionada coa tradición e que “se manterÃa definida en torno á relación do folclore na que Rogelio Groba é o seu máximo expoñente” apunta Villar. Unha segunda que se inscribe nun marco que cultiva o folclore, pero que tamén desenvolve outras tonalidades (clásica, romántica, impresionistaÂ… que asume diferentes apariencias) e na que “hai unha serie de compositores que manteñen lazos co pasado e que utilizan o horizonte”. Este investigador agrupa nesta segunda liña a nomes como Joám Trillo, Elicio Vila ou Juan Durán. Pero na súa investigación tamén descubre unha terceira etapa que rompe coa tradición folclórica e que está próximo ao uso das novas tecnoloxÃas. “Aquà entra Rudesindo Soutelo na súa etapa de finais dos setenta e logo MacÃas, que se interesa polos medios electronicos e fenómenos como a percepción” apunta. Ademais dos nomes citados, Villar considera que a composición contemporánea ten un nome imprescindible como é Jorge Berdullas.
Camiño aberto
Para Carlos Villar estamos nun momento no que a situación se está a normalizar con respecto a outras artes, pero aÃnda quedan cousas por facer. Entre elas, apunta cousas como “un ciclo especÃfico de música contemporánea en Galicia, convocatorias regulares de ciclos e festivais especÃficos, un maior impulso editorial e un circuÃto de espazos máis amplo e variado”.