A Fundación Caixa Galicia de Compostela acollía onte a entrega dos Premios Produto Gráfico Galego, que organiza o Clúster do Produto Gráfico. Na categoría de libro mellor editado levou o premio a obra Alfredo debuxa o camiño da empresa Tres C Tres, una obra ilustrada sobre a Ruta Xacobea. O premio ao Mellor Produto Publicitario foi para A mirilla: oleada Bora Bora, unha campaña desenvolvida por Publigal. Ángel David Corral, estudante de deseño gráfico levou o Premio ao Novo Talento por un traballo de packaging.