De todos é sabido que a situación do galego dista moito de ser a idónea. No entanto, á hora de coñecer os problemas exactos que sofre e ata que punto está danado, os datos poden achegar moitas variacións. No marco do Seminario sobre lingua, sociedade e polÃtica en Galicia, que comeza hoxe no Consello da Cultura Galega, Mauro Fernández peneirou as fontes dispoñibles nos últimos anos para ver a evolución da situación sociolingüÃstica de Galicia, e salienta que non estamos tan mal como se supuña.
O Consello da Cultura Galega comeza hoxe o seu Seminario sobre lingua, sociedade e polÃtica en Galicia. Este encontro quere facer unha ampla reflexión colectiva sobre o xeito en que vivimos o galego e a acción polÃtica encol do mesmo. O proxecto prevé intervencións dalgúns dos máis destacados especialistas na nosa lingua, asà coma de reputados sociolingüistas ou filólogos doutros espazos culturais, sendo cada un deles retrucado por outro investigador. A sesión de hoxe céntrase en analizar a actual situación sociolingüÃstica, e a ela seguirán tres novos encontros ao longo dos vindeiros meses. O 16 de marzo, os participantes centraranse en analizar modelos de oficialidade e a situación das linguas no ensino. A sesión do 4 de maio estará dedicada aos medios de e comunicación e ao ámbito socioeconómico e, finalmente, o 29 de xuño un novo encontro tentará achegar unha proposta para futuros modelos de convivencia lingüÃstica. O obxectivo final destas reflexións é a elaboración dun informe que reflectirá os debates e relatorios do seminario e que, logo de ser sometido á discusión dos participantes, será elevado ao Consello da Cultura.
O abandono masivo
Na tarde desta sesión inicial preséntase a análise sobre a situación sociolingüÃstica en Galicia que realizou Mauro Fernández. Este investigador, director cientÃfico do primeiro Mapa SociolingüÃstico de Galicia que fixo a Real Academia Galega en 1992, recolle que os datos feitos públicos a pasada primavera a partir da edición 2004 deste mesmo traballo reflectÃan un acusado descenso no número de falantes habituais, dun 68,6% no primeiro estudo a un 38,9% no segundo. O abandono aÃnda se revelaba máis catastrófico en canto ás persoas de entre 16 e 19 anos que empregaban habitualmente o galego (13%). No entanto, Fernández analiza que a existencia de diferentes criterios metodolóxicos deron nunha visión ben máis catastrófica do que pode ser a realidade.
A análise da mostra
O feito de que, tal e como apuntan os datos do último Mapa, o galego deixe de ser a lingua máis habitual entre a poboación provoca toda unha serie de problemas á hora de desenvolver polÃticas a prol da nosa lingua e deslexitiman boa parte do discurso normalizador. No entanto, na súa investigación Fernández sostén que o galego continúa a ser a lingua máis empregada de xeito habitual en Galicia, e avisa que, de se dar un descenso tan acusado no número de galegofalantes nun espazo de tempo tan curto como doce anos “non cumprirÃa unha enquisa para nos dar conta”. Segundo el, detrás da negativa imaxe da realidade que transmite a última edición do Mapa SociolingüÃstico, existe unha diferenza de criterios á hora de seleccionar a mostra do estudo. Para comezar, a última edición do Mapa centrou a súa análise nun grupo de poboación comprendido entre os 16 e o 65 anos, a sinalar, non sen certa razón, que o comportamento lingüÃstico das persoas de máis idade era uniforme e coñecido. Se sumamos esa maior preeminencia de falantes novos a un certo sesgo a prol da poboación urbana, é fácil imaxinar como se reflicten descensos tan acusados no número de falantes da nosa lingua. Fernández continúa as súas explicacións analizando determinados sesgos que apreza na mostra de poboación seleccionada para o Mapa de 2004. Canda á mentada preeminencia de grupos de idade máis novos, neste estudo obsérvase unha sobrerrepresentación do ámbito urbano, dos individuos con estudos superiores e dos altos directivos, entre outros grupos que, polo xeral, non están entre os que empregan máis o galego. Este investigador compara as porcentaxes reflectidas nestes ámbitos polo mapa e as que recolle o Censo de Poboación de 2001, comprobando que, mentres no Mapa se recolle, por exemplo, un 34,27% de persoas con estudos universitarios, no Censo unicamente aparecen como tales o 14,43%, o que supón unha evidente distorsión da realidade social.
A proxección de datos
Para apoiar as súas teses, Mauro Fernández realiza unha proxección dos datos de 1992 para 2004, ano da segunda edición do Mapa, situándose na peor situación posible: Que a transmisión entre xeracións do galego chegase a cero e que non se incorporasen novos falantes á nosa lingua. De xeito paralelo, eliminou da mostra polo outro extremo os maiores de 85 anos, contando co seu falecemento. Pois a seguir este escenario a porcentaxe de falantes da nosa lingua estarÃa nun 53% aproximado, aÃnda moi por riba do 38,9% do segundo Mapa. Para chegar a esta última cifra, segundo apunta este investigador, comprirÃa unha perda intraxeracional, é decir, falantes que mudan de lingua ao longo da súa vida mesmo superior á que se recolle entre xeracións. A comparar os grupos de idade que foron recollidos nos dous Mapas, Fernández conclúe que, para verificar os datos do último estudo, “de cada cen individuos que en 2004 tiñan entre 28 e 54 anos, quince mudaron o uso habitual do galego polo castelán nos doce anos precedentes”, unha cifra a todas luces esaxerada.
Outra imaxe da realidade
A apoiar as súas análises, Mauro Fernández compara a súa proxección sobre o emprego do galego a partir dos datos de 1992 coa única enquisa oficial que recolle datos sobre esta cuestión, a Enquisa Sobre as Condicións de Vida das Familias do Instituto Galego de EstatÃstica (IGE), realizada en 2003. Segundo el, “tanto se os analizamos en groso como polo miúdo, estes datos son completamente congruentes cos do Mapa de 1992”. Se a proxección deste investigador situaba o número de falantes en 2004 nun 61,5% da poboación, o IGE recolle un 61% efectivo nas súas análises. A apoiar isto, sinala a coincidencia nos dous casos de datos nunha cuestión tan pouco variable como a lingua inicial dos enquisados. Cando aplica a comparanza á mudanza de lingua dentro dunha mesma xeración, Fernández sinala que “os que cambiaron son tan só o 5% da poboación”, moi lonxe dese 15% de abandono do galego que se desprende dos datos do Mapa de 2004. E, aÃnda máis, sendo esa mudanza en dúas direccións, “o saldo favorce lixeiramente o galego, algo máis da metade mudaron para falar de xeito preferente ou único na nosa lingua”, do que sae que non só non houbo perda interxeracional, senón mesmo unha ganancia marxinal.
A partir da súa interpretación dos datos, Fernández salienta que “os discursos de defensa e promoción da lingua poden seguir utilizando a noción de lingua maioritaria” e apunta, a concordar coas súas teses, que “hai vinte e seis anos que, a partir de datos moi imperfectos, xa observaramos unha ralentización do ritmo de perda na transmisión interxeracional, e manifestabamos a nosa esperanza de que, coas medidas de normalización, o proceso podÃa deterse e tal vez reverter”. Está por ver ata que punto a situación pode mudar, e como vai evoluÃr a sociedade de aquà en adiante. Novos estudos han de nos dar pistas ao respecto.