Foi, de sempre, a irmá pequena das artes escénicas. Pero nos últimos anos, a danza estaba a vivir un momento de rexurdimento. O nacemento do Centro Coreográfico Galego derivou na aparición dun proxecto para as artes do movemento que espertou a toda unha serie de compañías, profesionais (agrupados en Danesga) e público en xeral. Agora, esas mesmas voces piden que todo ese impulso non caia no baleiro.
Estamos a vivir un momento no que había un montón de proxectos que se estaban levando a cabo e programando e proxectando novas cousas afirma Ruth Balvís, creadora e presidenta de Danesga, o colectivo que agrupa ao 80% das compañías de danza escénica en Galicia. De feito, malia que a entidade xa existía, renovouse hai un ano ao entrar nela moitas máis compañías, co que pasou a ter moita máis representatividade social. Cun maior peso específico, Danesga comezou a mobilizarse o pasado mes de agosto, co descabezamento do Centro Coreográfico Galego. Era un campo de semente no que comezaban a florecer moitas cousas e tememos o parón que se producirá, non tanto agora, senón que notaremos no futuro inmediato asegura Ruth Balvís. E refírese ao adiamento das convocatorias de produción e coprodución (previstas para final de ano), as residencias, as de clases regulares para bailaríns profesionais, talleres intensivos para bailaríns e actores, o tema de intercambios con artistas de fóra unha serie de programas que facía que as compañías estiveran máis activas, puntualiza a presidenta de Danesga. Malia que lles aseguraron desde a Agadic que a final de ano habería director, fontes desta entidade asegura que a día de hoxe non están as bases para o concurso público, o que fai altamente improbable que exista un nomeamento para final de ano.
Todo isto vai ter moitas consecuencias para o sector profesional porque non haberá nin convocatorias de audicións para bailaríns, nin axudas para a xiras é unha pena porque era unha produción que ensinaba o traballo que se estaba a facer desde a danza pero non só en Galicia, senón tamén na imaxe que se daba desde fóra. E pesará para todos asegura Balvís.
Mentres, o Centro Coreográfico Galego segue a velocidade de cruceiro, continuando coas actividades xa programadas con antelación: apertura ao público das residencias artísticas, presentación de publicacións e as xuntanzas da rede europea Departs (rede creada en 2001 en Francia, pretende difundir novos modelos pedagóxicos da danza, facilitar a investigación e a creación, ao tempo que pretenden unir pontes entre artistas emerxentes e o mundo profesional).
O outro campo de batalla
Pero a batalla da danza en Galicia ten tamén outro escenario: o da formación. Á inexistencia de estudos de ciclo superior (os conservatorios que existen en Lugo e Vigo só son de grado medio), únese agora o ámbito universitario grazas á oportunidade do chamado Plan Bolonia. O Espazo Europeo de Educación Superior xerou un novo escenario educativo no que as universidades poden propor titulacións que antes non existían. En Madrid xa aproveitaron esa oportunidade e a danza está recoñecida a nivel universitario en Madrid, grazas á presentación do primeiro Grado Universitario en Ciencias da Danza. Este grado disporá dunha parte teórica moi importante relacionada, por exemplo, coa xestión, administración e distribución de pezas de Danza e uns coñecementos da parte técnica no escenario, ademais doutras áreas como a coordinación e a dramaturxia .
En Galicia estamos moi lonxe desta realidade que, por outra parte, está implantado noutros países europeos desde hai moitos anos. Desde Danesga, sen embargo, queren recoñecer o labor desenvolvido por escolas municipais que permiten unha formación intermitente, con talleres intensivos, apunta a presidenta de Danesga.
Os públicos
Existe un terceiro piar no que se sustenta a danza hoxe en día e son os escenarios de exhibición. Da banda pública, a paralización das liñas de traballo do Centro Coreográfico Galego (CCG) impedirá que moitas destas iniciativas cheguen aos escenarios. Pero Ruth Balvís presente ser positiva está claro que agora mesmo as compañías de danza temos poucos palcos dispoñibles, e os que hai acostuman a estar nas cidades, xa afeitas a ter programación e danza, pero hai concellos preocupados por darlle cabida. Acontece que o parón do CCG impedirá continuar nesta liña de traballo xa que desde Danesga teñen claro que quen se atreve unha vez a programalo acaba repetindo.
O problema é que o dano que se está a facer á imaxe exterior da danza é moi grande, ademais, de que notaremos este parón non agora, senón a medio prazo sentencia Balvís.