Roberto Varela, conselleiro de Cultura, e Francisco López RodrÃguez, director xeral de Promoción e Difusión da Cultura presentaron hoxe en Ourense as liñas estratéxicas deste departamento para o vindeiro ano. Malia que se ordenan en seis campos (entre eles a cooperación cultural, promoción da nova creación, difusión da cultura, apoio ao sector cultural e planificación e xestión), o maior esforzo irá destinado ao sector do libro en todas as súas vertentes: bibliotecas, fomento da lectura e asentamento da industria do libro. En total, dos 16.937 millóns de euros desta dirección xeral, preto de 10 destinaránse a este materia. Un esforzo que coincide coa celebración do Ano do Libro e da Cultura que, segundo o conselleiro, se converterá na imaxe de Galicia no 2010 . Ademais, entre as liñas de acción, Cultura destina 150.000 euros aos Premios da Cultura Galega que perden a etiqueda de “nacionais” acuñada no seu momento polo bipartito.
Para o ano 2010 o orzamento global da Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural ascende a 16.937.177 €, que se reparten, por ámbitos temáticos, nos seguintes apartados:
• PolÃtica de asentamento da industria do libro: 1.980.000 €
• Ano do Libro e da Lectura: 2.850.000 €
• Bibliotecas: 5.154.677 €
• Cómic e banda deseñada: 600.000 €
• CircuÃtos culturais: 1.250.000 €
• Artes plásticas: 405.000 €
• Premios da Cultura Galega: 150.000 €
• Colaboracións con asociacións e fundacións: 1.465.500 €
• Colaboración con concellos: 3.082.000 €
Documento que contén as Liñas Estratéxicas da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura.Para o ano 2010 o orzamento global da Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural ascende a 16.937.177 €, que se reparten, por ámbitos temáticos, nos seguintes apartados:
• PolÃtica de asentamento da industria do libro: 1.980.000 €
• Ano do Libro e da Lectura: 2.850.000 €
• Bibliotecas: 5.154.677 €
• Cómic e banda deseñada: 600.000 €
• CircuÃtos culturais: 1.250.000 €
• Artes plásticas: 405.000 €
• Premios da Cultura Galega: 150.000 €
• Colaboracións con asociacións e fundacións: 1.465.500 €
• Colaboración con concellos: 3.082.000 €