Vilagarcía acolle ata o venres o festival audiovisual máis antigo de Galicia

No marco da sección Outras latitudes achega a cinematografía realizada en Romanía

É o certame máis lonxevo de todos cantos se celebran en Galicia. O Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía celebra ata o venres a súa 37 edición. Unha escolma dos traballos da UNATC (Selección de la Universidad Nacional de Arte Teatral y Cinematográfico "I.L.CARAGIALE" ) de Bucarest foi a encargada de abrir esta edición do encontro. Pioneiros do certame, a sección oficial e o obradoiro 2D conforman o programa deste certame que pretende exhibir curtametraxes en “estilo directo, austero, cotiá, sinxelo e realista”.

Programa da 37 edición do Certame Liceo Casino de Vilagarcía.