O IV Certame de PoesÃa erótica Illas Sisargas fallouse a favor dunha obra asinada por dúas mans. Eduardo Estévez e Eli RÃos son os autores de , a obra recoñecida co premio convocado pola Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica e que é o único en Galicia neste xénero da poética. Eduardo estévez, colaborador de Culturagalega.org co poemario esca e pedra , ten publicado varios libros de poesÃa e recolleu varios premios na súa traxectoria literaria. Eli RÃos acadou neste mesmo ano o XII Premio de PoesÃa Concello de Carral, actualmente en fase de publicación, pola obra Nós escoitando o badalo en Marienplatz. O fallo deuse a coñecer o sábado 21 na Cea das Letras de Malpica onde se presentaron tamén os libros galardoados na anteruior edición do certame: Xoguetes póstumos (de Emma Pedreira) e Alentar na túa Rosa (de Paco Souto).