Son o sustento de numerosas actividades culturais, de maior ou menor magnitude do noso paÃs. Entre Caixanova e Caixa Galicia supoñen máis da metade do orzamento anual da ConsellarÃa de Cultura e, para moitas entidades, unha vÃa de financiamento das actividades culturais que se fan no paÃs. Por iso, resulta especialmente decisivo o que aconteza entre estas entidades para o sector cultural. Unha actividade que se iniciou hai dúas décadas con luces e sombras.
Nos últimos catro anos (entre 2004 e 2008, último exercicio do que temos datos), Caixanova e Caixa Galicia destinaron a actividade cultural (cultura, tempo libre, educación, investigación e patrimonio histórico artÃstico e natural, excluÃndo todas as cifras de asistencia social e sanitaria) pouco máis catrocentos quince millóns de euros. Unha cifra que se achega á metade do orzamento da consellarÃa de Cultura ao longo deste perÃodo (oitocentos trinta millóns de euros). Non é altruÃsmo, xa que as caixas de aforro, pola súa natureza fundacional sen ánimo de lucro, están obrigadas a destinar parte dos seus excedentes á creación e mantemento de obras benéficas e sociais(tal e como recolle a lei que as regula que foi revisada no 2005 cando entraron en escena as Normas de Contabilidade Internacional da Unión Europea que pasaba a considerar as partidas destas materias como gasto e non como investimento). Isto implica financiar investimentos ou promover actividades que favorezan o desenvolvemento cultural, educativo e socioeconómico de Galicia a integración de colectivos marxinais e que favorezan a grupos con baixos niveis de ingresos. Isto non afecta só as entidades con sede social en Galicia é dicir, con centro de decisión en Galicia como son Caixanova e Caixa Galicia, senón tamén a todas aquelas entidades que operen en Galicia (La Caixa, Bancaja, CajaMadrid...). O experto en polÃticas culturais, Xaime Subiela, establece que a actividade cultural das caixas é importantÃsima; pero é moito máis que a Responsabilidade Social Corporativa das empresas, xa que hai un valor social dos beneficios que reviste na propia comunidade a todos os efectos. Subiela fai referencia a que estas entidades aseguran destinar mais cartos a obra social e cultural que o mÃnimo legal.
A actividade cultural das Caixas comezou en 1985, cun texto xurÃdico que establecÃa os parámetros e os mecanismos de control da súa actividade. Catro anos despois, Caixa Galicia crearÃa unha fundación que serÃa a encargada de centralizar en exclusiva a actividade cultural. Caixanova non fai distingos entre obra social e cultural e, aÃnda que conta cunha fundación, a obra social e cultural, aÃnda que ten un responsable especÃfico (Guillermo Brea) depende directamente do Director Xeral, que eleva a memoria de actividades ao Consello de Administración (actividade que cambiou este ano, no que a obra social pasou a depender da División de Asuntos Institucionais). Pero ¿cales son as súas liñas de traballo?
De motu propio
Nos últimos anos, estas entidades completaron o proceso compra de edificios emblemáticos situados en lugares estratéxicos das principais cidades de Galicia no que desenvolver a súa actividade cultural, nos que investiron cifras mareantes. Caixa Galicia estreou sede na Coruña no ano 2006 cun investimento entre 35 e 40 millóns de euros, o seu director xeral, Jose Luis Méndez, dixo na presentación do edificio que o “orzamento era o de menos”. Caixanova tamén inaugurou nos últimos anos as sedes de Lugo e Pontevedra, mentres que presentou o proxecto dos centros sociais e culturais de Santiago. Na rolda de prensa para facer público o proxecto dos edificios que estarán na praza de Cervantes e no edificio dos antigos almacéns “El Pilar”, o director xerente de Caixanova, Jose Luis Pego, non quixo precisar o orzamento, aÃnda que avanzou que lles gustarÃa que estiveran listos para o ano Xacobeo. Nestes espazos acolleron nos últimos anos exposicións de gran formato sobre o Señor dos Aneis, Frida Khalo, Diego Rivera, Tarsila do Amaral, Yves Sain Laurent, concertos de grandes orquestras de música clásica como a Orquestra Nacional Checa, a Kremerata Bálitica, compañÃas de teatro como Els Joglars, o musical Cabaret, ou o Circo Nacional de Pekin Â… no que no punto de vista de expertos como técnicos de xestión cultural, escritores, e intelectuais como VÃctor Freixanes ou Xaime Subiela, afirman que “a polÃtica cultural das Caixas foi derivando cara o márketing e o espectáculo amparado nesta idea de democratización da cultura para todos os públicos”. Estas mesmas fontes aseguran que o importante labor que desenvolven estas entidades adoece dunha “reflexión interna e orientada cara os circuÃtos comerciais de Madrid. Programación que ten que vir a noso paÃs, pero acabaron sendo programadores de lecer máis preocupados por captar un maior número de espectadores”. En obra cultural, estrictu sensu (eliminamos actividade social e sanitaria) Caixanova e Caixa Galicia achegaron 188 e 227 millóns de euros entre o 2004 e 2008 (cómpre resituar esas cifras no contexto real de traballo, xa que segundo reflicten os balances económicos destas entidades elaborados pola Confederación Española de Caixas de Aforros, o volume de activo e pasivo destas entidades tampouco é o mesmo) para desenvolver 20.733 e 24.225 actividades, respectivamente.
A actividade cultural destas entidades inclúe premios literarios, entre eles, Caixa Galicia o Rúa Nova ou o MerlÃn de literatura infantil, e Caixanova o Fernández del Riego ou o Julio Camba. En canto a actividade ambiental, Caixa Galicia anunciou no 2007 a compra da illa de Sálvora (parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas) por 8.5 millóns de euros para pór en marcha o seu Fondo Natural: un proxecto ambiental que atenderÃa tres aspectos: investigación, divulgación e educación ambiental. Nesta mesma liña, Caixanova mantén conta cun importante centro didáctico interactivo (Naturnova) para escolares aberto no ano 2003. Ademais, ambas entidades nutren anualmente unha importante colección de arte que atesoura, con diferentes liñas de traballo, o legado de artistas galegos (Maruja Mallo, Vicente Blanco, Salvador Cidrás, Urbano LugrÃs, LaxeiroÂ….) con artistas de renome internacional (DalÃ, Picaso, Miquel Barceló….). Canda isto, patrocinio de festivais, bibliotecas, espazos públicos de comunicación, bolsas de ampliación de estudos, cátedras de investigación académica, actividades de rehabilitación patrimonial (o coro lÃgneo da catedral,o pórtico da Gloria..Â…) que dan conta do variopinta e completa que é a actividade cultural das Caixas de Aforro.
A instancia de parte
Xaime Subiela explica que “existe tamén unha cuestión de apoio a iniciativas a instancia de parte que serve para financiar actividades promovidas por entidades pequenas”. Para numerosos axentes culturais, como Alberto GarcÃa, técnico dun concello pequeno, “é unha das portas nas que petamos para pedir cartos para desenvolver os nosos proxectos”. Esta tamén pode ser a explicación de que exista un gran mutismo por parte de diferentes axentes culturais a manifestar a súa opinión con respecto á actividade que desenvolven esta entidades. Subiela tamén engade que “entendo a cultura como un elemento de desenvolvemento e non como gasto, que é a liña de traballo actual de numerosas entidades e no que haberÃa moito que traballar”.
En todo caso, todas as fontes destacan a importancia da actividade cultural desenvolvida por estas entidades por cifras, volume e por posibilidades e polo papel simbólico e real nun paÃs cunha nacionalidade histórica.
(mañá: Diferentes axentes opinan sobre as ameazas e oportunidades para a cultura ante os diferentes escenarios posibles das Caixas de Aforros)