Roberto Varela presenta o Plan de Gastronomía

O proxecto inclúe participación en encontros gastronómicos e concursos de ideas

19/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:

“Xornadas, concursos de ideas, participación en feiras e eventos especializados que teñen como obxectivos divulgar a nosa oferta gastronómica, impulsar o recoñecemento dos nosos produtose aumentar o prestixio enogastronómico galego”. Así definiu Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, os obxectivos do novo Plan da Gastronomía. Un proxecto no que ademais da promoción (tanto en Galicia como fóra) da cociña galega implica potenciar a oferta formativa do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Ademais, Varela aproveito para dar a coñecer o sitio web Gastronomiadegalicia.com que cumprirá o "papel aglutinador de información e coñecemento en torno á nosa gastronomía".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Roberto Varela, Turismo

Claves

Protagonistas
Conceptos