O ilustrador coruñés David Pintor- "Pinto"- obtivo recentemente o Gran Prix Michelin da Bienal de Cadernos de Viaxe da cidade francesa de Clermont Ferrand polo seu libro Ciudades de Papel, publicado no mes de abril por , ha sido consider. A obra, con texto en castelán, obtén o galardón detinado á mellor obra sobre viaxes do 2009. Na misma categorÃa competÃan, xunto ao debuxante coruñés, outros doce autores galos. É a primeira vez que un autor español faise con este galardón, un dos mellor considerados en toda Europa sobre a temática de cadernos de viaxe. O percorrido visual de Ciudades de Papel comeza en Finisterre e vai pasando por distintos puntos da xeografÃa española e europea, finalizando o seu periplo en Nova York. Trinta e seis ilustracións compoñen esta obra que conta tamén cunha exposición itinerante que xa pasou pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester e GalerÃa Sargadelos de Ferrol.