A historia, as linguas e a xenética danse cita no Consello da Cultura

As Xornadas i>Xenes, linguas e historia de Galicia celébranse os días 3 e 4 de decembro

Historiadores, lingüistas, antropólogos e xenetistas danse cita no Consello da Cultura os vindeiros 3 e 4 de decembro nas xornadas Xenes, linguas e historia de Galicia. O encontro analiza, desde unha perspectiva multidisciplinar, as posibilidades de relación entre estas ciencias de cara ao avance no coñecemento. Neses días trataranse cuestións coma xenética de poboacións, enfermidades xenéticas, movementos poboacionais ou distintos períodos históricos, con relatores coma Francisco Calo Lourido, Ermelindo Portela ou Anxo Carracedo entre outros.

Folleto de Xenes, Linguas e Historia de Galicia.