A necesidade de garantir os dereitos de autor aos novos soportes e de apostar pola edición dixital son algunhas das conclusións que tiraron os editores o VI Simposio o Libro e a Lectura, que se desenvolveu a pasada semana no web do Consello da Cultura. Canda a isto, nas conclusión do encontro os editores apostan "polo debate intersectorial e pola creación dunha plataforma dixital conxunta para todo o sector do libro galego", e sinalan que xa se está a traballar neste campo. Os responsables das editoras galegas participan hoxe e máis mañá nun seminario no que coñecerán os mecanismos da edición nos formatos de libro electrónico.
Conclusión do VI Simposio O libro e a Lectura.