Despois de asinar un convenio co Ministerio para a mellora das bibliotecas escolares, o consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun novo documento para as bibliotecas xerais. Neste caso trátase de fomentar as bibliotecas do Estado en Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e santiago de Compostela) grazas a un convenio por un importe total de un millóns douscentos mil euros. Segundo figura na nota de prensa remitida pola Xunta, a partida permitirá “establecer unha liña de axudas que permita afrontar debidamente o desafÃo que no contorno da lectura pública supón as novas necesidades de estruturación e equipamento”. Ademais, o presidente Alberto Núñez Feijoo, explicou que este convenio contribuirá ao fomento da lectura.