Poetas das cinco linguas do Estado a recitar ao vivo na Casa doa Cultura Salvador de Madariaga. Esta é a proposta que fai a Concellaría de Cultura da Coruña co ciclo Poetas di(n)versos, que coordina Yolanda Castaño. A iniciativa arrinca o vindeiro 17 de novembro con Luís Eduardo Aute e Lucía Aldao. Continuará o 15 de decembro con Luis García Montero e Luz Pozo Garza, e fechará o primeiro trimestre o 16 de xaneiro, Joan Margarit e Xosé María Álvarez Cáccamo. A intención do programa é ofertar unha destas actuacións o último martes de cada mes ás oito e media da tarde.