Analizar a obra dun escritor a través dos personaxes que poboan as páxinas. Esta é a proposta que fai María Xesús Nogueira en Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro encol da obra do mindoniense. Segundo a autora, a obra analiza a importancia que lle outorga este creador aos protagonistas das historias e os arquetipos que repite en diferentes obras, unha colección de actores nos que destaca a figura do Soñador. Nogueira explícanos máis polo miúdo as claves deste ensaio.