Cunqueiro, Blanco Amor, Casares, Otero Pedrayo e moitos outros clásicos das nosas letras darán o paso ao formato eBook de xeito inminente. A editorial Galaxia chegou a un acordo coa empresa Publidisa para verter o seu catálogo completo a este formato e distribuÃlo. Segundo nos explica VÃctor Freixanes, os primeiros volumes do proxecto estarán dispoñibles cara a final deste ano, e durante 2010 continuará o proceso de dixitalización. Tamén de cara ao vindeiro ano chegará á rede a librarÃa virtual de Galaxia, un espazo que permitirá a adquisicón en liña dos libros electrónicos. Freixanes explÃcanos máis polo miúdo a iniciativa, que supón a maior aposta dunha editora galega por este tipo de formatos ata o momento.
Nota de Galaxia sobre o seu proxecto co formato eBook
Editorial Galaxia porá no mercado dixital 50 tÃtulos da literatura galega antes de fin de ano. Trátase dunha primeira fase dun proxecto que ao longo do ano 2010 irá incorporando ao libro electrónico o catálogo completo da editorial (1500 tÃtulos aproximadamente), tanto de autores clásicos como contemporáneos. En colaboración con Publidisa, e na mesma liña estratéxica que iniciou hai un ano con Google Books, Galaxia desenvolverá no próximo ano a primeira librerÃa dixital do libro galego: descargas para eBooks e noutras plataformas.
Editorial Galaxia sigue asà avanzando no seu compromiso de normalización do idioma galego e de incorporación da sociedade galega ao século XXI. A editora vén de asinar con Publidisa, a maior plataforma de eBooks do estado, un acordo para poñer a venda nese formato unha boa parte do seu catálogo.
Este salto cualitativo no seu proxecto editorial é consecuencia doutras accións nas que Galaxia está mergullada dende hai anos. O primeiro paso foi poñer á venda en formato dixital a revista GRIAL, a cal desde o mes de xuño pode descargarse accedendo ao portal do Quiosco Dixital de ARCE (Asociación de Revistas Culturais de España). Os dous últimos números xa saÃron ao mesmo tempo en papel e en dixital. Desde a web da editorial tamén se poden descargar gratuÃtamente algunhas partes da revista: o sumario, a carta do editor e algúns artigos.
Asà mesmo, a editorial forma parte do Proxecto Enclave, que promove a Biblioteca Nacional para dixitalizar obras de editoriais españolas suxeitas a dereitos de autor. A partir do 30 de novembro e desde a Biblioteca Dixital Hispánica van poder mercarse en formato dixital 1.350 obras de noventa editoriais. Cada unha delas aportará un máximo de vinte tÃtulos. O usuario poderá acceder a estas obras a través da páxina web da Biblioteca, na que ademais dunha ficha con datos como a capa do libro, o sumario, Ãndice e páxinas seleccionadas polo editor para a súa descarga gratuÃta, se atopan rexistradas todas as palabras do libro, as cales poden ser consultadas polos usuarios. Editorial Galaxia ofrecerá obras de Otero Pedrayo, Blanco Amor, Fole, Risco, Cunqueiro, GarcÃa Sabell e Francisco Fernández del Riego.
E agora, para este Nadal, Galaxia ten previsto poñer á venda para a súa descarga en lectores dixitais arredor de 50 tÃtulos, entre os que se atopan autores clásicos e actuais. Polo seu significado simbólico o primeiro libro será A ESMORGA, que este ano cumpre o seu 50 aniversario, e o seguinte será A NOITE DO MOUCHO, tÃtulo inédito de Anxo Rei Ballesteros que a editorial vai poñer á venda nos próximos dÃas tamén en formato papel.
Editorial Galaxia, logo de contar coas correspondentes autorizacións dos autores, irá poñendo á venda paulatinamente eses tÃtulos, os cales estarán dispoñibles desde a plataforma de e-books de Publidisa, e desde os portais das librerÃas afiliadas a Publidisa: El Corte Inglés, La Casa del Libro, e desde outras librerÃas dixitais como Gandhi ou LibrerÃa de la U, de Colombia.
Ao mesmo tempo, Galaxia está traballando para convertir a súa web de venda de libro fÃsico nunha tenda totalmente renovada para a distribución e comercialización tamén de libro electrónico, na que se podan ofertar os seus propios libros pero tamén os daquelas editoras que Galaxia distribúe. Desde aà poderán igualmente mercarse exemplares individuais de libros esgotados que forman parte do catálogo histórico da editorial. Todos estes materiais dixitais ofrécense en formato PDF protexido, de tal xeito que é imposible a súa copia, garantindo asà os dereitos dos autores e autoras fronte ás reproduccións ilegais.
Editorial Galaxia aposta deste xeito polos novos soportes e formas de comercialización e distribución de contidos achegando a máis antiga editorial galega ao século XXI.