O Ministerio de Economía rehabilitará o viaducto de Redondela

A actuación pretende evitar o deterioro desta infraestrutura

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O viaduto de Redondela perderá en breve a rede que o envolveu nos últimos meses. O alcalde desta localidade, Xaime Rei, asegura ter chegado a un acordo neste sentido coa Dirección Xeral de Patrimonio do Estado, dependente do Ministerio de Economía e Facenda. Malia a que os prazos e orzamentos do mesmo se fecharán a vindeira semana, o alcalde confirmou que a actuación abordará a recuperación e mantemento da estrutura, gravemente deteriorada e na actualidade cuberta por unha rede para evitar o desprendimento de fragmentos. De cara o futuro queda o proxecto de recuperar o viaducto como pasarela peonil.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Redondela, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Conceptos
Lugares