Carmen Blanco, MarÃa Xosé Agra, Dolores Vilavedra, Iolanda Ogando, Olga Novo, Montse Pena Presas, Helena González, Mariam Mariño, Laura Pérez Landeira, Xoán Bernárdez Vilar e Ana Romanà son algúns dos relatores que participan hoxe na xornada A dona dos mapas. Este encontro que organiza a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura xunto co Centre Dona i Literatura da Universidade de Barcelona quere estudar e debater a figura de Xohana Torres ao longo de todo o dÃa de hoxe, desde as 10 da mañá ata ás oito da tarde. O encontro inclúe tamén un recital poético a cargo de MarÃa Xosé Queizán,Chus Pato, Lupe Gómez e MarÃa do Cebreiro.