Non responden a un único perfil, non teñen os mesmos obxectivos e nin tan sequera podemos consideralos como público aínda que enchen as salas de butacas. Son programadores e xestores culturais que estiveron na Feira das Artes Escénicas para ver, comparar e logo contratar os espectáculos exhibidos. Os olleadores falan e hai opinións para todos os gustos.
Entre programadores, xestores, axentes e representantes das feiras, este ano asistiron a esta edición da Feira das Artes Escénicas arredor de 130 profesionais. Unha cifra semellante a doutros anos e, sen embargo, a cifra de contratación descendeu con respecto á de 2008. É certo que aínda queda unha semana para que se realicen as compras bonificadas (cun desconto do 40% do caché das compañías) pero o balance provisional fala de que só nove compañías realizarán 80 funcións en diferentes escenarios de Galicia e Portugal nos vindeiros meses. Lonxe quedan os resultados do 2008 no que foron 18 as compañías contratadas para realizar un total de 143 bolos. En todo caso, tendo en conta que son datos provisionais (as contratacións bonificadas aínda se poden facer ata o sábado 31) cómpre quedarse con que as impresións e valoracións dos técnicos encargados de contratar ese espectáculos foron ben distintas.
Un encontro imprescindible
A feira é un escaparate perfecto para ter unha idea moi aproximada do que se está a facer no panorama escénico apunta Ruth Abella, animadora sociocultural do concello de Cariño, que se estreaba este ano como asistente na Feira. Unha idea que comparten outros asistentes como Alfonso Carlos Lois, o técnico de cultura do Concello de Xinzo quen apunta que é unha cita de asistencia obrigada xa que nos permite ver as obras para comprobar a idoneidade para logo ser contratada, como un exercicio de responsabilidade para os que traballamos con fondos públicos. Luis Fernández, representante da Asociación D´Orfeu en Águeda (Portugal), vai un pouco máis alá do papel de escaparate da feira ao asegurar que é un punto de encontro do mundo das artes escénicas para facer outras relacións culturais, unha idea na que tamén coincide José Antonio Fernández, da Rede de Teatros de Castela-A Mancha. Precisamente estes dous contrataron espectáculos para programar nos vindeiros meses.
para coñecer e mirar
O caso dos concellos é diferente doutros programadores, xa que tanto Alfonso como Ruth coinciden en que eles son os intermediarios dos que teñen facultade para contratar, que son os concelleiros de Cultura. Eles, que teñen un ritmos de traballo e uns orzamentos diferentes, empregan a feira para coñecer de primeira man os espectáculos que se fan, máis que para contratar. Ademais, Xinzo e Cariño son dous concellos que están fóra da rede de teatros e auditorios (RGTA), polo tanto, con menos posibilidades para programar este tipo de encontros ao longo do ano. Ruth apunta que eu levo toda a información pero a última palabra tena sempre o concelleiro. A súa situación pouco se diferenza do caso de Xinzo de Limia, quen debuxa un panorama máis complexo. Sen un auditorio ou espazo específico para acoller os grandes formatos (Sarabela xa desistiu de representar alí A Esmorga por falta dun lugar adecuado) e con poucos cartos, cando contraten algúns dos espectáculos de feira non se poden acoller ao sistema de bonificacións que se facilitan na feira, co que acabarán sempre sendo para un público infantil, que teñen uns cachés máis reducidos. Sería imposible que nos acolleramos ao sistema de bonificacións, porque os prazos de contratacións nun concello son moito máis lentos apunta Alfonso que puntualiza a súa utilidade para o resto do ano. Sobre todo para o Nadal, época na que non hai programas nin axudas específicas e que sempre é un período moi propicio para preparar espectáculos para os nenos, explica este técnico.
e para comprar
Tanto Xosé Antonio Fernández, a rede de Teatros de Castela-A Mancha, como o portugués Luís Fernández, da Asociación D´Orfeu coinciden no aliciente que supón o sistema de bonificacións implantado por Agadic para fomentar a distribución das compañías galegas. Para o primeiro, da rede de Teatros de Castela, é un sistema que nós estamos a estudar para a nosa feira (que se desenvolve cada ano no mes de abril) polos bos resultados que ofrecen. Para o segundo, o portugués Luís Fernández, o sistema de bonificacións ten tamén unha versión negativa, xa que o programador cando vai a feiras, non sempre leva a expectativa de programar, senón de ver, facer contactos e, como existe un desconto importante, acaba por facer contratacións dos espectáculos que está na feira. En todo caso, este último considera que esta edición da feira non achegou a diversidade do teatro que hai en Galicia xa que exhibiu un teatro máis de corte convencional, ademais na súa opinión está descompensado o número de funcións de teatro co respecto a outras artes como a do movimento.
En todo caso, todos os espectáculos da feira exhíbense en galego e o feito idiomático non é un atranco para que os vexan os programadores, aínda que sí para programalos. Non todas as compañías están dispostas a acometer os custes (de tempo e económicos) que supón traducir o espectáculo ao castelán. Xulio Lago, responsable de Teatro do Atlántico explica que despois de facer noutro tempo xiras polo exterior agora, o noso obxectivo non está fora de Galicia xa que non ten moito sentido ir facer un bolo, por exemplo, a Murcia en castelán e logo en tres días se facer nada, vir a Galicia montalo en galego e logo a outro bolo en Madrid. O resultado dese produto é malo, por iso non o facemos. Na súa opinión, o aconsellable sería poder facer unha xira fóra que permitise custear un tempo alongado de ensaios e logo xuntar toda a distribución, o que non ten sentido é ir facendo bolos en plan paracaidista. Ademais, na opinión de Lago sería interesante poder ter axudas a traducción para poder ofrecer unha montaxe moito máis coidada e preparada.