A escritora Anisia Miranda faleceu onte na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Miranda era a vicepresidenta da Fundación Neira Vilas, a fundación dedicada á figura do seu home, Xosé Neira Vilas. A autora, que era filla de emigrantes ourensáns, naceu en Cuba, na vila de Ciego de Ávila. En 1953 trasladouse a Bos Aires, onde participou en numerosos proxectos de difusión cultural en colaboración con moitos persoeiros da emigración. En colaboración con Neira Vilas, Miranda fundou no ano 1957 en cuba o proxecto editorial Follas Novas, para a distribución do libro en galego en América.
Na produción literaria de Miranda sobranceu a escrita infantil, para a que escribiu libros como Pardela amiga,A primeira aventura e Mitos e lendas da vella Grecia.
Na produción literaria de Miranda sobranceu a escrita infantil, para a que escribiu libros como Pardela amiga,A primeira aventura e Mitos e lendas da vella Grecia.