Dunha banda, un conferenciante que pretende explicar quen é Shakespeare a un público leigo na materia. Da outra, un dúo de actores que teñen como misión complementar ese relatorio representando as esceas máis populares do dramaturgo. ¿O resultado? Unha comedia que xunta no escenario a poética de Mosqueira, a pragmática de Calvo e a ética de Cadaval, en palabras deste último. Shakespeare para ignorantes repasa a dramaturxia dun autor mitificado pola sociedade e que revela unha cara menos amable do británico.
CRÍTICA
Quizais só sabemos que non sabemos nada (Manual básico)
por Beatriz Bravo
Ignorancia: falta de coñecementos que, a as más das veces, o común dos mortais tentamos agochar nunha sociedade na que o saber é poder.
Shakespeare: creador e produtor teatral sobre o que se opina a cotío, demasiado frecuentemente pecando do termo arriba exposto.
Doado: recoñecer todo o que aínda nos queda por saber sobre o escritor irremediablemente máis célebre do teatro universal, malia a cantidade de productos calóricos inxeridos coa variada filmografía ó redor da súa figura.
Extremadamente doado: sentirse ignorante ante a retórica absoluta de Quico Cadaval, Mestre de cerimonias dun espectáculo construido ó redor do seu verbo infinito e desafiante. A palabra vertebra unha proposta que reivindica o pracer de descubrir todo o que aínda nos queda por coñecer fronte a ilusión do noso saber. O sangue ácedo da obra esporea a libre opinión do público, aínda que asociada ó academicismo do discurso principal destílase un ritmo escénico non tan áxil como produccións previas da compañía.
Xogo: oportunidade que aproveitan Mofa & Befa para ilustrar sen descanso os recantos da palabra cedida ó narrador, facendo un camaleónico percorrido interpretativo mentres se conceden un descanso no seu devezo de experimentación e procura de novas formas teatrais.