O libro electrónico, presente e futuro é o lema do VI Simposio da Asociación Galega de Editores. O encontro, que se celebrará na biblioteca do Consello da Cultura os vindeiros 16 e 17 de novembro, contará coa presenza de destacados especialistas internacionais neste campo, coma LuÃs Collado, responsable de Google Book España, Igancio Latasa, de Leer-e ou Denis Zwirn, do web francés Numilog. Entre outros temas, analizarase a situación desta tecnoloxÃa en Galicia e a nivel internacional, e revisaranse diferentes experiencias neste ámbito. Canda ás actividades abertas, os profesionais da edición poderán asistir ao seminario O libro dixital, que impartirá Javier Celaya na biblioteca do Consello da Cultura.
Programa do VI Simposio da Asociación de Editores.