Son os “olleadores” do noso teatro. Os 130 programadores, produtores e distribuidores de toda a penÃnsula que o luns aterrarán en Santiago teñen como misión revisar os espectáculos das compañÃas galegas para fichalos para os seus teatros, casas da cultura e demais espazos nos vindeiros meses. O luns arrinca en Santiago unha nova edición da Feira Galega das Artes Escénicas, o mercado do teatro, que este ano presenta varias novidades. Segue a feira en Culturagalega.org a partir do luns con crÃticas, audios, galerÃas multimedia e cobertura informativa diaria.
“Un cartel cen por cen galego” afirmaba Francisco López RodrÃguez, director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, no marco da presentación da nova edición da Feira Galega das Artes Escénicas. Este ano non haberá a ollada para outras compañÃas chegadas doutros paÃses, como aconteceu nas últimas feiras. “Decidimos centrarnos nas compañÃas do paÃs” afirmaba López RodrÃguez. En total, de luns a venres, veranse en 4 escenarios de Santiago, un total de 20 espectáculos entre teatro infantil, de adultos e danza.
Hai outra diferenza na edición deste ano con respecto a doutras ocasións, e é o feito de que no cartel hai dúas estreas. Sapristi e Galitoon arriscan e presentan diante dos programadores un espectáculo que non tivo funcións previas, as de “rodaxe” como lle chaman moitos profesionais deste sector. As bases da feira desta ocasión eliminaron o requisito de “ter estreada a produción antes da feira” que motiva esta novidade. En todo caso, nin o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, nin o director da Agadic, Juan Carlos Fasero, apuntaron a esta como a liña do futuro, senón máis ben ao pouco tempo do que dispuxeron para a súa programación. “FÃxose todo con moi pouco tempo” afirmou Fasero, ao tempo que apuntaban que non se podÃa adiar máis polos ciclos de contratación e de distribución das compañÃas.
Historias para exportar
De luns a venres, a Sala Nasa, o Salón Teatro, o Auditorio, Arteria Noroeste (a sede da SGAE en Santiago) e o Teatro Principal son os escenarios polos que se pasearán as últimas apostas do teatro e danza do paÃs. Unha oferta na que se revisitan algúns clásicos tanto galegos como estranxeiros. Sarabela Teatro recupera a adaptación teatral que fixo de A esmorga hai trece anos, pero cunha nova mirada nunha produción de gran formato pouco habitual para o teatro galego. Como tamén o é, o musical Glass City. Cidade de cristal, a última aposta de Teatro do Noroeste que ofrece un espectáculo de dúas horas con cante e baile para rememorar os veráns da Coruña cando Franco descansaba en Meirás. Pola súa banda, Mofa e Befa rebuscan nun dos clásicos de todos os tempos, Shakespeare, para presentar algunha das escenas máis ignoradas do dramaturgo británico.
Canda estas obras tamén haberá oco para a creación contemporánea. Steven Berkoff, Brial Friel, Jorde Galcerán, Alejandro Palomas son algúns dos autores que compañÃas como Teatro do Morcego, do Atlántico, Lagarga, Lagarta e TalÃa Teatro poñerán en escena para programadores ao longo desta semana.
O teatro para público infantil é un valor seguro e este ano preséntanse seis espectáculos de diferente xénero e temática que van desde a proposta de Teatro del Andamio con Pingueiras e Tarteiras de Teresa González Costa (obra que foi galardoada co Premio Manuel MarÃa de Literatura Dramática Infantil na última edición da feira); ata Violeta Coletas contra as salchichas de TÃteres Trompicallo, pasando por Gulp! de Luis González e Marian González e RosalÃa, a pulga que escribÃa de Andrea Bayer Galitoon.
Completa a oferta as propostas innovadoras de Nut Teatro e Iván Marcos xunto con tres espectáculos de danza: Entremáns con Concerto desconcerto, Javier MartÃn con ...tabú resOrte (tabú revuelta) e a compañÃa de Quique Peón con Ovay.
A feira está pensada para que os programadores e distribuidores poidan “mover” os espectáculos galegos. Para iso, a Agadic subvencionará o 40% dos cachés das compañÃas para aqueles profesionais que leven a cabo contratacións durante a feira,. Ademais, a Agadic informa que unha vez cubertas as prazas por profesionais, o resto abrirase ao público de xeito gratuÃto.
Culturagalega.org fará unha cobertura especial da feira (con novas, reportaxes, crÃticas e material multimedia) para que non perdas nada da temporada escénica galega.