A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia solicitaralle á Xunta axudas para a concentración empresarial e a proxección exterior. O colectivo quere asà paliar os efectos que a crise económica está a lle causar aos seus asociados. Segundo unha enquisa da Asociación, a produción no sector diminuÃu ata un 30% no que vai de ano e un 45% das empresas tiveron que realizar recortes de persoal. Entre outras medidas, os empresarios queren que o sector sexa declarado estratéxico.