O encontro de escritores galegos, cataláns e vascos que se realizou ata onte en Arantzazu, rematou con novas importantes para este colectivo. Deste xeito, Cesáreo Sánchez Iglesias, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, pasa a ocupar a presidencia da Federación Galeusca. O colectivo galego será o responsable de organizar o vindeiro encontro anual de autores das tres literaturas. Canda a el, haberá tamén unha vocalÃa galega de nova creación dentro deste organismo. Por outra banda, Galeusca comprometeu o seu apoio ás mobilizacións en defensa dos dereitos lingüÃsticos e anunciou que se pronunciará publicamente sobre as agresións que poidan afectar ás culturas representadas.