Escritores das linguas minoritarias do Estado danse cita a partir de mañá en Euskadi no marco dos XXVI Encontros Galeusca. Desta volta, e baixo o lema central de Pequenas Literaturas, grandes retos, a reunión analizará ata luns cuestións coma a autorÃa, a difusión da lectura ou o papel dos colectivos nestes fins. Entre outros, visitarán Euskadi autores galegos coma Cesáreo Sánchez, Alfredo Ferreiro, Francisco Castro, Marcos Calveiro ou Mercedes Queixas. A coincidir no este encontro, a Universidade de Vigo e a Asociación de Escritores programan o ciclo Escritores na Universidade, que entre o 8 de outubro e o 3 de decembro achegarálle aos estudantes o traballo de creadores coma Quico Cadaval, LuÃs Rei Núñez, Elvira Riveiro ou Antonio GarcÃa Teijeiro.