Baiona prepara o seu Museo da Navegación para 2010

Resta finalizar as obras e elaborar un proxecto de musealización

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un acordo entre o Concello, a Deputación de Pontevedra e Caixanova permitirá que a Casa da Navegación e Museo Naval abra as súas portas en Baiona a comezos de 2010. Co acordo asinado onte achéganse fondos para rematar as obras pendentes no centro e elaborar o proxecto museístico. O novo museo quedará instalado na restaurada Casa Carbajal, e contará cunha superficie útil de 475 metros mcadrados. Entre os fondos que acollerá recuperaranse pezas dispersas en lugares coma o Museo de Pontevedra, o Museo do Exército ou o Museo Naval Madrileño.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, Caixanova, Deputación de Pontevedra, Museo de Pontevedra