A Asociación de Escritores en Lingua Galega prepara para este mesmo mes a segunda edición das súas Xornadas de Literatura Oral. Co tÃtulo de O mito que fascina: do lobo ao lobishome, o encontro analizará estas figuras fundamentais da nosa tradición. Conferencias e mesas redondas revisarán cuestións coma a universalidade da figura do lobishome, os foxos de lobos ou a visión sobre este animal na mitoloxÃa vasca entre outras cuestións.