María Reimóndez faise co premio Plácido Castro de tradución

Verteu á nosa lingua a obra Mary Prince, unha escrava das indias occidentais

O VIII Premio Plácido Castro de Tradución ía este sábado para a escritora María Reimóndez. O seu traballo ao verter para a nosa lingua a obra >Mary Prince, unha escrava das indias occidentais valeulle os 3.000 euros do galardón. O xurado destacou a importancia desta obra, un clásico literario da loita contra a escravitude. Tamén recibiu un accésit neste mesmo certame Rafael Salgueiro polo seu traballo con O libro da selva