A maxia do cine é cada vez menos maxia. E cada vez menos e menos. Os vellos cines, as catro paredes cun patio de butacas e unha gran pantalla, que tiñan máis valor simbólico van pechando a contagotas. Un a un, e o grifo parece que non para ata que estas salas se extingan para sempre. Pero a súa perda non é a da batalla en favor dos grandes espacios, dunha forma de ver cine, é tamén unha batalla dos números que fan
que a oferta de butacas por habitante descenda ata índices preocupantes.
Os cines históricos (e non tanto) pechan. E isto non é unha reivindicación simbólica das vellas salas con grandes patios de butacas e unha única pantalla, senón da diminución cuantitativa dunha oferta que aparenta amosar máis relación coa realidade que coa mitoloxía. Pechan salas que engrosan as estatísticas porque gozan de moitos asentos pero que ninguén emprega.
O último cine en pechar as súas portas foi o Vigo na cidade olívica. Con él fóronse 661 prazas (segundo a Censo de Salas de Cine da Asociación de Investigación de Medios de Comunicación) que deixa baixo mínimos o número de butacas por habitante na cidade. Agora mesmo Vigo pasa a ofertar 4.285 asentos fronte ós 4.946 (o que deixa unha ratio de 50 habitantes por butaca) que tiña hai 15 días. Pero Vigo non é un caso illado, estes datos repítense noutras cidades galegas. Pontevedra, por ser o caso máis sangrante, inaugurou o ano pasado as flamantes Salas da Lauren que supuxeron unha oferta de 1.612 prazas repartidas en 8 salas. Pero sete meses despois da súa inauguración a cidade perdeu nada máis nin nada menos que 2.543 butacas ó pechar dous dos cines históricos o Gonviz e o Victoria (que xunto co tamén desaparecido Teatro Malvar que facía ás veces de cine con asiduidade quedan no centro da cidade tres grandes espacios sen utilizar) que se despediron logo de moitos anos ofrecendo historias en celuloide. Así de 14 habitantes por butaca, na cidade do Lérez pasouse en tres meses a 27 cidadáns por asento. Os números comezan a baixar.
En Santiago a perda do Capitol, o Avenida e máis recentemente o Yago, deixou a oferta baixo mínimos, que se contrarrestou con varias estratexias. A apertura de oito salas en Área Central, dos Compostela posteriormente e a reforma dos Valle Inclán que incrementaron o seu número de salas foi definindo a oferta cinematográfica da cidade de Compostela que, polo seu carácter estudiantil e universitario era a que gozaba de maior demanda de proxeccións.
Causantes
Non é só cuestión de moda. O das grandes salas de cine en Galicia é como un canto de cisne agoreiro que maxestuosamente vai anunciando o seu final. Foi o caso do Yago que ofreceu ós seus últimos clientes pastas e cafés de balde, ademais de bos títulos, ou como o Gonviz ou o Victoria en Pontevedra que pecharon as súas portas coa galardoada Amelie.
As grandes salas non pechan pouco a pouco por unha doenza única. Senón todo o contrario, son moitos os factores que fan que unha a unha se vaian perdendo salas nas que moitos foron tendo os seus primeiros escarceos co celuloide. Non existe unha causa única para que pouco a pouco os cines vaian desaparecendo.
O experto en cine Eduardo Galán apunta que a principal causa de desaparición está moi relacionada polos problemas de, distribución que está en mans das multinancionais que negocian con grandes grupos de exhibición. Por ese mesmo motivo, se ti abres un cine pequeno, non terás acceso a películas de Columbia e Tristar antes de catro meses desde a súa estrea noutros cines comerciais. É o que chama unha mafia legal que non se dá en Galicia, senón que se dá en todos os lugares nos que se proxectan películas. O fenómeno da exhibición está moi vencellado ó da distribución e relacionado cos gustos do público é a primeira causa dun mal que se extende sen remedio.
Pero ter unha monosala (local de exhibición cunha soa pantalla) supón tamén ter outros inconvenientes que as fan menos atractivas, rendibles e interesantes que outros locais con varias salas/pantallas. É o que Eduardo Galán califica como hábito sociolóxico de ir ó cine en vez de ir ver unha película en concreto. A audiencia diríxese ós multicines, e se non quedan entradas para a película que pretendía ver, compran billete para outra sala. Algo que non pode ofrecer un cine de sala única.
Pero Galán apunta tamén un terceiro factor que ten moito que ver co peche de grandes salas. É o encarecemento do chan, a través dos impostos urbáns, co que o espacio no que se crea un cine, é cada vez máis caro. E é moi difícil encher un escenario de 300 butacas para sacar rendemento.
Reconversións
Hai quen non pode facer fronte ás múltiples causas e factores adversos que determinan que, pouco a pouco, deixase de ser un local de exhibición cinematográfica. Sobre todo porque non era rendible economicamente, e os cartos seguen a ser decisivos. Pero os seus locais, grandes salas e, na maioría dos casos, ben situadas dentro da localidade, eran atractivos para especulacións urbanísticas. Houbo así moitos cines que hoxe son grandes bloques de vivendas (o Gran Teatro e o Kursal en Lugo), outros que simplemente desapareceron (o caso do Capitol e do Cinema en Ferrol) e outros que aínda sobreviven fisicamente, como un espacio morto (o Vigo en Vigo, aínda que é moi recente como para saber qué pasará co seu espacio, o Avenida en Ferrol, o Xesteira en Ourense o Malvar, Gónviz e Victoria en Pontevedra). Pero ó lado de todos estes hai tamén unha serie de salas que souberon adaptarse e reamoldarse á vida cultural. Mudaron de oficio, pero non de beneficio, porque seguen adicándose ó mundo da cultura. É o caso do Yago en Santiago, hoxe sala de títeres; do Rosalía na Coruña, centro dinamizador da vida cultural da cidade herculina (de feito aglutina case a metade de actos culturais que se desenvolven na cidade) ou do Rosalía de Vigo, que hoxe é o Centro Cultural Caixavigo. Precisamente esta última saída, a de converterse en Centro Cultural dunha entidade financeira, está aberta para varias destas salas.