En 1921 unha prospección arqueolóxica na zona do Monte Urdiñeira, entre os concellos de Riós e A Gudiña, tiraba a luz dous brazais e un disco de ouro de máis de 3.000 anos de antigüidade. Este mes de agosto un grupo de arqueólogos da Universidade de Vigo achegáronse a esta zona para recuperar outro tesouro. O patrimonio do contorno ten grandes posibilidades de se aproveitar para o desenvolvemento local, e nese traballo é fundamental o coñecemento dos veciños.
Segundo explica Beatriz Comendador, directora das escavacións que se desenvolveron durante este mes de agosto, “o Proxecto Urdiñeira fai parte dunha iniciativa máis ampla que quere analizar a organización territorial da provincia de Ourense durante a Idade Media”. Nese sentido, o interese da serra estriba na súa importancia como punto de paso. “É unha zona por onde transcorren vÃas de grande importancia, xa desde a prehistoria. AÃnda hoxe pasa por alà a AutovÃa das RÃas Baixas, a estrada nacional e a vÃa do tren”. Tendo en conta esa condición de zona de tránsito destacada, a análise dos depósitos arqueolóxicos permite coñecer polo miúdo os asentamentos humanos da zona.
“O proxecto de prospección arqueolóxica, ten unha parte mais sistemática na busca de novos depósitos na serra e no contorno. Logo hai prospeccións que van dirixidas a puntos concretos que xa se catalogaran previamente”, explica Comendador. Ao longo deste mes de agosto, un equipo da Universidade de Vigo analizou as pegadas que deixaron os humanos no contorno ao longo do tempo. Con estas primeira intervencións “amosouse o potencial da zona a nivel de información, tanto como asentamento prehistórico como a posteriori”.
A posta en valor
No entanto, alén do restos que se localizaron, o Proxecto Urdiñeira ten tamén unha importante porcentaxe de posta en valor do patrimonio da zona e mais dos saberes dos seus habitantes. “Alén de clarificar o pasado da zona, tamén queremos achegar unha serie de coñecementos sobre cales son os recursos culturais e paisaxÃsticos sobre os que se pode actuar de cara ao futuro, atendendo ás vertentes relativas á posta de valor dese contorno”. Para isto, os arqueólogos procuraron no seu traballo unha constante interacción cos veciños.
Colaboración veciñal
“Queriamos traballar de xeito diferente a como se fixo cando apareceu o tesouro. Daquela as pezas leváronse para fóra e ninguén da zona soubo máis delas. Nós, partindo da propia historia destas pezas, tentamos recuperar o contexto do achado, e grazas aos veciños, puidemos localizar o punto exacto onde apareceron”. Canda a isto, o equipo recolleu de lendas de tradición oral, en moitos casos vencelladas a asentamentos humanos previos, o percorrido de antigas vÃas de paso, toponimia e todo tipo de elementos do patrimonio inmaterial. Ao tempo, os investigadores explicáronlles aos habitantes das aldeas da zona o seu traballo nun auténtico intercambio de información máis ou menos formal. E é que a tradición oral pode converterse nunha ferramenta de grande interese para a arqueoloxÃa. “É moi importante. A xente do lugar coñece moi ben os indicios que amosan unha actividade antrópica sobre a paisaxe. Diferencian moi beno que consideran natural e o que pensan que foi creado ou modificado polo home, que sempre ten máis carga simbólica”, explica Comendador. “Isto é unha axuda inestimable”, conclúe.
ArqueoloxÃa social
Esta tendencia de facer arqueoloxÃa en contacto coa poboación local está a se incorporar nos últimos anos á arqueoloxÃa galega, con escavacións com a do Castro de Neixón ou as investigacións sobre a minarÃa do volframio no Barbanza. “Noutros lugares xa hai anos que se fai, pero semella que aquà hai unha preocupación crecente porque o coñecemento que se adquire coa arqueoloxÃa reverta no contorno e por interactuar coas poboacións que habitan habitualmente a zona”, explica Comendador. “Con isto tamén se consigue que estas persoas valoren o seu patrimonio e que tamén o coiden”.
A partir dos datos recollidos nestes encontros cos veciños, o equipo de arqueólogos pretende continuar de cara ao vindeiro anos as súas prospeccións. De cara ao futuro, a iniciativa pretende continuar analizando o traballo da minarÃa de estano que se deu na serra entre finais do século XIX e comezos do XX nun auténtico traballo de etnoarqueoloxÃa no que as lembranzas dos veciños desenvolven un papel fundamental de cara a reconstruÃr o traballo daquela industria.

Proxecto Urdiñeira
Serra da Urdiñeira desde o Leste Fonte: Beatriz Comendador. Universidade de Vigo.
Cova das Choias
Fonte: Beatriz Comendador. Universidade de Vigo.
Túmulo no Norte da Serra
Fonte: Beatriz Comendador. Universidade de Vigo.
Revisión en busca de arte rupestre
Fonte: Beatriz Comendador. Universidade de Vigo.
Un veciño indica a localización do Tesouro da Urdiñeira
Fonte: Beatriz Comendador. Universidade de Vigo.
Obradoiro cos veciños de Riós
Fonte: Beatriz Comendador. Universidade de Vigo.
Rexistro da estatua menhir do Tameirón, achada na zona