“Non estamos ante unha crise do xornalismo, senón ante a crise dun determinado modelo de empresas de comunicación”, asegurou onte Francisco Campos durante a súa intervención no curso A crise da comunicación en tempos de recesión económica que se celebra onte e hoxe no mosteiro de Acibeiro (Forcarei, Pontevedra). En xeral, os expertos reunidos coinciden en que a crise económica non é só un fenómeno coxuntural, senón que pode remoer os cementos mesmos do noso modelo de comunicación. E Galicia non fica allea ao fenómeno.
“A crise é un estado conxénito aos propios medios de comunicación”, asegurou a catedrática da Universidade Complutense de Madrid, Rosario de Mateo, “está presente desde o dÃa seguinte á fundación do primeiro xornal”. ¿Unha visión hipercrÃtica da comunicación? Desta vez parece que a crise é real, vai da man da crise económica e suporá un profundo cambio nas estruturas da comunicación que se comeza a plasmar nunha considerable caÃda da publicidade e unha perda de lectores nos paÃses occidentais -aÃnda que non conxunto mundial, a lectura de xornais subiu máis dun 3% nos últimos anos. Os hábitos do lector están cambiando con velocidade e os grupos de comunicación están confusos en como reaccionar ante estes. Un grupo de expertos reúnense entre onte e hoxe no mosteiro de Acibeiro, no curso A crise da comunicación en tempos de recesión económica, convocados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo baixo a dirección de Xosé López, para reflexionar sobre estas cuestións.
“Os grupos mediáticos non o están facendo ben”, indica Alfonso Sánchez Tabernero, “e acontece igual tanto en grandes grupos mediáticos internacionais ou en grupos pequenos coma os galegos”. Para este profesor da Universidade de Navarra, os grupos “confunden estratexias con obxectivos” e están subordinados a unha mentalidade curtoplacista que non permite solucionar os problemas estruturais destes medios de comunicación. “En realidade, esta crise é bastante similar, con outras circunstancias sociopolÃticas, á que viviu a prensa española a finais dos 70 e nos 80”. Para Sánchez Tabernero, en poucos anos “os medios pasaron dunha situación de oligopolio a outra actual na que hai múltiples competidores e iso obriga a cambiar a idea de liderazgo”.
Para o profesor Francisco Campos, da Facultade de CC. da Comunicación da USC, o panorama galego é bastante incerto. O principal problema, ao seu ver, é a caÃda da publicidade. Segundo Campos, “no 2009 a prensa galega perderá un 30% dos seus ingresos publicitarios”, e iso supón “deixar de ingresar aproximadamente 30 millóns de euros” nun sector, o da prensa galega, que factura 200 millóns de euros anuais. Para Francisco Campos, a consecuencia inmediata desa perda de ingresos poderá ser unha regulación de emprego que se plasme na perda dun 30% de traballadores dos medios de comunicación galegos en breve. Non é un panorama agradable.
A cuestión é que acontece con esa publicidade que se recorta con motivo da crise económica. “Posiblemente nunca volva ás cotas de investimento anteriores”, asegura Francisco Campos, “non hai máis que ver o caso francés. En Francia, Sarkozy decidiu eliminar a publicidade da televisión pública para axudar ás privadas, pero o investimento publicitario nestas non aumentou”. O que acontece, segundo o profesor da USC, é que as compañÃas están a reorientar drasticamente os seus plans de medios e de marketing cara novos formatos.
O escenario non é doado. Segundo o profesor Campos, será decisivo o xeito no que o goberno galego oriente a súa polÃtica de axuda aos medios de comunicación. “Nestes momentos, a Xunta de Galicia é o cuarto maior anunciante en medios, despois do Goberno Central, a Comunidade de Madrid e a Generalitat”. A inxección de diñeiro da Xunta de Galicia en medios estÃmase no 2008, segundo Campos, en 50 millóns de euros. “21 millóns de euros son de axudas directas e o resto por convenios concretos subscritos en medios”. A Xunta, polo tanto, supón un 20% dos ingresos totais dos medios de comunicación. Un cliente moi relevante que, ao longo dos últimos anos, foi medrando sen parar. Pero, ¿pode seguir facéndoo? “O novo presidente da Xunta xa dixo que non se Ãan aumentar as axudas”, sinala Campos.
¿Continúa a haber mercado para 13 xornais diferentes en Galicia? Non é doado de saber. Segundo Francisco Campos, “non o parece”, pero non é doado de saber que acontecerá nos vindeiros anos e se esta crise provocará a desaparición de cabeceiras. Ao fin e ao cabo, a estrutura dos medios galegos caracterÃzase pola súa capacidade de supervivencia ao longo das décadas. Para o profesor, “estamos nunha situación de fusións e vendas, aÃnda que non o pareza. Por agora ninguén compra, pero todo o mundo se está preparando”.