Intelectuais coruñeses recordan a figura do artista Tomás Barros

Recordos do nordés

Catorce anos despois do seu pasamento, os que foran os seus amigos e compañeiros celebran unha homenaxe na memoria de Tomás Barros. Intelectual comprometido, poeta, profesor, novelista, pintor, ensaísta e dramaturgo, Tomás Barros é unha figura destacada da chamada promoción de enlace.

Exilio interior



Sara Cao, viúva do escritor e pintor, Luz Pozo, coa que Barros fundara da revista Nordés, e amigos persoais e seguidores da súa obra estiveron presentes no acto de homenaxe que tivo lugar no Fórum Metropolitano de A Coruña. Un acto onde se analizou a súa prolífica e multidisciplinar traxectoria no mundo da literatura e pintura, co obxectivo de que a súa figura sexa recuperada para as xeneracións actuais.













Polifacético



Tomás Barros (Toledo, 1922- A Coruña, 1986) formou parte da coñecida como Promoción de enlace, escritores e artistas que despuntaron nos inicios da dictadura polo seu tono rupturista e innovador, fortemente contrario ó carácter establecido. Barros compaxinou a docencia coa súa creación artística. No eido da literatura cultivou o teatro do absurdo en obras como "Panteón familiar" e "Cos ollos de morto", aínda que ademais cultivou outros xéneros como a poesía e o ensaio. Na súa faceta pictórica destaca a súa expresividade e a súa forza así como a súa tendencia cara as vangardas. Estilos nos que amosa o seu compromiso.