O Consello da Cultura analizará a situación da lingua

O seminario Lingua, sociedade e política en Galicia tratará a actualidade sociolingüística

| Santiago. Redacion | Seccións: Lingua
Compartir:

A reflexión sobre a lingua ocupará boa parte da programación do Consello da Cultura Galega para este outono. Por unha banda, o día un de decembro, a primeira sesión do seminario Lingua, sociedade e política en Galicia analizará a situación sociolingüística actual. O programa continuará ao longo de 2010 con sesións encol os modelos lingüísticos, a educación ou os medios de comunicación entre outros ámbitos. Por outra banda, o 22 e 23 do próximo mes de febreiro, as Xornadas de Análise sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias reflexionarán sobre este documento. Na presentación destas actividades o presidente do Consello, Ramón Villares, sinalou que, como membro da Real Academia, concorda coas críticas que o presidente deste organismo verteu contra a política lingüística do actual goberno da Xunta.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cuestión de ensino

Cuestión de ensino

O novo decreto para o plurilingüismo marca o Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia do Consello da Cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Política Lingüística, Educación, Medios de comunicación...