I Puritani dálle inicio ao LVII Festival de Ópera da Coruña

O programa inclúe unha homenaxe a Alfredo Kraus

| Santiago. Redacion | Seccións: Música
Compartir:

Os Amigos da Ópera dan comezo mañá o LVII Festival de Ópera da Coruña. I Puritani, con Alfonso Romero coma director de escena e Marcello Panni no apartado musical, é a obra que inicia esta edición. A esta ópera seguirán as montaxes de Turandot e Partenope, unha homenaxe a Alfredo Kraus o vindeiro dez de setembro, o IV Recital de Novas Voces Galegas ou a Gala Lírica, entre outras actividades. Os interesados, poden asistir, ás oito desta tarde, a un encontro cos directores de I Puritani na Biblioteca da Deputación, onde poderán coñecer detalles da montaxe.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Montaxes

Claves

Conceptos