Borja Costa estrea na Coruña Música para un ouveo

A obra musicaliza o poema Ouveo de Allen Ginsberg

| Santiago. Redacion | Seccións: Literatura
Compartir:

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle o vindeiro día 3 de setembro Música para un ouveo, último traballo do compositor galego Borja Costa. Esta peza para un quinteto musicaliza o coñecido poema Ouveo de Allen Ginsberg, que será recitado por Xoán Abeleira. O espectáculo deixa un grande espazo para a improvisación, tanto a nivel musical coma oral. Os interesados tamén poderán asistir ao concerto en Vigo no Auditorio Caixanova o día 4. Nesta cidade será Fran Alonso quen actúe coma mestre de cerimonias, mentres na Coruña estará presente Manuel Rivas.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Fran Alonso, Teatro...