Metalicia pon na rede o seu segundo recompilatorio

O volume recolle traballos de 26 bandas rexistradas nesta comunidade virtual

Capa do Metalicia vol.II
Capa do Metalicia vol.II
Metalicia, a comunidade virtual galega dos amantes do Metal, acaba de subir á rede o segundo volume do seu recompilatorio. O disco, descargable totalmente de balde, achega traballos de 26 grupos rexistrados no web, dos cales só cinco repiten do primeiro volume, publicado en setembro de 2008. Os interesados en contar cunha copia física poden adquirir un Mini-CD con todos os temas de MP3 por só un euro nos diferentes locais especializados neste tipo de música.