As rúas de Compostela tiveron, entre a récua de visitantes do pasado venres, un paseante excepción. O Macrófono, un inchable con forma de micrófono de sete metros de lonxitude, achegouse á capital para rexistrar os seus sons dentro do Festival dos Abrazos. Detrás desta experiencia, como non, o colectivo Escoitar.org. Chiu Longina, un dos responsables da iniciativa explÃcanos máis polo miúdo o proxecto.
O Macrófono é un grande inchable con forma de micrófono que, no entanto, ten a capacidade de rexistrar sons e pode conectarse coma un aparello convencional. Esta é a ferramenta que levou o colectivo Escoitar.org ao Festival dos Abrazos para facer a súa intervención a reivindicar a auralidade. “Máis do que o son que se obtivo en si, o máis importante é o impacto que tivo na prensa e como reaccionou a cidadanÃa”, explica Longina. De calquera xeito, os interesados poderán escoitar os resultados desta gravación no mapa sonoro de Galicia que mantén Escoitar.org de Galicia e ao que calquera pode facer as súas achegas.
A experiencia
“No contexto de turismo masivo que habÃa o venres en Compostela, aproveitamos o impacto visual do macrófono para promocionar o intanxible”, lembra Longina. Para alén de rexistrar os sons da cidade, os membros de Escoitar.org desenvolveron tamén o que chaman Escultura escoitadora. “Consiste en se xuntar arredor do macrófono e botar un cuarto de hora escoitando cos ollos e a boca fechada, convidando á xente a facer o mesmo. Como nos ouvidos non hai pálpebras, contamos con filtros culturais, coma ecualizadores, cos que seleccionamos os sons que nos parecen máis relevantes. O que tentamos con esta experiencia é convidar á xente a se desprender dalgún destes filtros culturais e se transformar nun micrófono que o escoita todo porque non ten cultura”.
As ideas
“O que máis nos chamou a atención é que todo o mundo está atento ao tema do audio. Debe haber algún tipo de malestar en occidente que fai á xente moi sensible a este tipo de discurso”, explica Longina. O discurso de Escoitar, céntrase basicamente na recuperación do audio. “Desde a creación da imprenta no século XV a nosa cabeza é máis lóxica do que antes. Entre ese momento e a creación do fonógrafo de Edison, a finais do século XIX deuse un esquecemento do sonoro”. A desenvolver a importancia do son para os humanos, Longina sinala que “o hemisferio que se encarga de procesar o audio é o mesmo que controla os aspecto máis cualitativos da experiencia humana, o que nos fai máis nidiamente persoas, fronte o outro hemisferio que se encarga do lóxico e do racional. Pensamos que favorecer a escoita pode axudar a superar o malestar que exista na cultura occidental, sendo un pouco demagóxicos”.
Ser mellores persoas a base de escoitar. Non soa mal.