O Goberno aproba TDT de pagamento por Real Decreto Lei

Organizacións de consumidores denuncian a falta de información dun novo sistema que requirirá novos decodificadores

| Santiago. Redacion | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Razóns técnicas e económicas” son as que citou a vicepresidenta primeira do goberno, Maria Teresa Fernández de la Vega, para dar luz verde á televisión dixital terrestre de pagamento. Fíxoo por Real Decreto Lei, un recurso lexislativo que se aplica en casos de extraordinaria e urxente necesidade. Unha hora despois de coñecerse a súa aprobación por parte do Consello de Ministros, algúns grupos empresariais como Mediapro anunciaron que comezarán a emitir no novo sistema a partir do vindeiro 31. Ademais, a medida que entrará en funcionamento a partir da publicación no BOE, implica que os actuais sintonizadores de TDT non servirán para a nova modalidade e haberá que mercar outro que permita ler as tarxetas de pago coas que se comercializarán os contidos. Un feito que as diferentes organizacións de consumidores (CECU, Ceaccu e OCU) xa denunciaron pola súa falta de información.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TDT

Claves

Conceptos