Unha expedición coruñesa leva buscando dende o ano 97 nos Andes peruanos o derradeiro refuxio dos incas ante a dominación española: o lendario Reino de Vilcabamba e a súa capital, último foco de resistencia do inca Tupac Amaru. A clave foi o descubrimento do manuscrito dun galego mediador entre os incas e as tropas españolas, Xoán de Betanzos. O cerco está feito e os investigadores cren teren localizado as ruÃnas da cidade.
É unha expedición que non ten nada que envexar ás mÃticas exploracións do século XIX. Hai médicos, xornalistas, arqueólogos, bibliotecas e guÃas indÃxenas que fan rituais para congraciarse coa Deusa Nai. Mesmo nos atopamos cunha expedición rival, con moitos máis recursos, formada por norteamericanos da National Geographic que compite para atopar os restos do último reducto dos incas: a cidade de Vilcabamba, rendida polas tropas españolas en 1572. Dende mediados do século XIX, historiadores, aristócratas, xornalistas e cabaleiros de fortuna buscaron o simbólico enclave que marcaba a morte dun Imperio e dunha forma de vida. Na súa procura, por exemplo, apareceu Machu Pichu en 1911.
O achado do manuscrito
Santiago del Valle traballaba como reporteiro en 1992 en Televisión Española en Galicia. De aquela, recibiu a noticia da descuberta do manuscrito Ãntegro dun galego do século XVI, Xoán de Betanzos, por parte da historiadora Carmen MartÃn na biblioteca da Fundación March en Palma de Mallorca. O texto, chamado “Suma y narración de los incas” tiña de seu un gran valor e abrÃa novas vÃas para coñecer máis a fondo a cultura, a xenealoxÃa, as crenzas e o pensamento dos incas. As últimas liñas do texto rematan cun detalle que propiciou a creación da expedición: Xoán de Betanzos despÃdese indicando que parte como mediador para negociar a pacificación do Reino de Vilcabamba, que levaba atacando dende os reductos das agrestes montañas andinas as colonias españolas do oeste do Perú. Este galego foi un tipo excepcional: inaugurou a literatura escrita en quechua e casou cunha princesa viúva do inca Atahualpa. A persoa ideal para este tipo de negociacións en tempos de guerra.
Territorio inhóspito
Santiago del Valle non quixo quedarse na crónica de Xoán de Betanzos. A partir dun documental independente que realizou sobre o tema, o xornalista mantivo o contacto con Carmen MartÃn e tivo claro que habÃa que volver a Perú. Creou a expedición “Xoán de Betanzos – Vilcabamba”, e do seu propio peto e algún financiamento privado emprendeu a viaxe á rexión. A situación non era doada: o distrito de Vilcabamba, situado nun dos territorios máis remotos do paÃs, a penas estaba cartografada e contaban cunha mala fotografÃa por satélite que facÃa moi difÃcil a identificación dunha rexión andina situada a máis de 3.500 metros por riba do nivel do mar. O primeiro equipo de investigación marchou ó baleiro: “non sabiamos absolutamente nada da zona. Non sabiamos se habÃa frÃo ou calor. Levamos comida que se estragou. Adelgazamos moito”, di entre risos Del Valle. O investigador tiña tamén motivacións interiores, metidas máis atrás na súa cabeza que o seu interese mozo pola arqueoloxÃa: “No máis profundo”, comenta Santiago del Valle, “está TintÃn. TintÃn lido con moita paixón en álbums coma o Templo do Sol”.
A zona de investigación
Ós poucos meses chegaron novas pistas: a bibliotecaria atopara documentos españois da época que indicaban con precisión a localización de dúas cidades do Reino de Vilcabamba: Pampaconas e Rangalla. De alÃ, o obxectivo foi localizar os camiños incas, perdidos na selva, que habÃan de comunicar aquelas dúas urbes coa capital do Reino, Vilcabamba a Grande. Del Valle mantivo o instinto de arqueólogo que aprendera durante os seus estudios na Universidade de Santiago dun excéntrico e brillante personaxe, o catedrático de Prehistoria Carlos Alonso del Real: “Presta moita atención ás alteracións da paisaxe e ás historias que contan os labregos”. Ese instinto permitiulle deducir algo moi simple: as cidades do Reino de Vilcabamba habÃan estar comunicadas por camiños. E a rede de camiños do Imperio inca foi, xunto coa romana, unha das máis elaboradas das antigas civilizacións, a clave da supervivencia e da unidade do enorme e bravo territorio. Asà que comezaron a buscalos en xornadas extenuantes. Os sendeiros esvaecÃanse na xungla. DesaparecÃan no alto das montañas. E volta a comezar e a recoñecer o territorio. Del Valle está convencido de que esa foi a clave do éxito da expedición: os camiños leváronnos cara o oeste, cara unha zona inexplorada polos investigadores que levaban buscando a cidade perdida dende mediados do XIX.
A toponimia e o Sendeiro
A regra número un dun arqueólogo: colabora coa poboación local se non queres perder o teu tempo. Del Valle sabÃao. O que descoñecÃan eran as reticencias que se Ãan atopar na xente da rexión cando chegaron alà no 1997. Uns anos antes, o grupo guerrilleiro Sendeiro Luminoso tomara a zona como campamento base e a rexión foi devastada, provocando fortes movementos de poboación. A xente tiña medo. Déronse conta cando lle preguntaron a un nativo onde estaba un “sendeiro”. Cinco viaxes en cinco anos conseguiron vencer as reticencias e conseguir que o acolleran como amigo.
E a regra número dous: presta moita atención á toponimia do sitio. A expedición confiaba en seguir as guÃas de viaxe, redactadas por europeos habÃa máis de 400 anos. Os conquistadores eran extremadamente meticulosos coa descrición xeográfica dos lugares polos que Ãan pasando, e Santiago e o seu equipo confiaban en orientarse a través da toponimia, dos nomes dos lugares, seguindo o roteiro descrito polos soldados españois que foran conquistar a cidade. Pero cos movementos de poboación provocados polas actuacións do grupo armado de Abimael Guzmán, boa parte dos nomes dos sitios desapareceran e a memoria quedara tirada nalgún recanto da xungla. O enigma fÃxose máis e máis complicado.
E por fin
No ano 99, Santiago del Valle, Xosé Vidal, un médico coruñés e o guÃa Nicanor Quisquipuzi emprenden a expedición con máis coñecemento do terreo. As investigacións de Carmen Rubio permitÃan coñecer aproximadamente a localización de Patibamba, un enclave especialmente importante xa que as crónicas españolas indicaban que fora o punto no que as tropas españolas descansaran antes do ataque final á cidade de Vilcabamba. Despois de duras xornadas de camiño a máis de 4.000 metros de altura, o equipo chega ás ruÃnas da cidade, hoxe reducida a unha pequena aldea. O alto da montaña, escarpado, case inaccesible, nunca fora visitado polos habitantes da aldea. Alà é onde entra o factor sorte: no poboado atopan a unha indÃxena, Victoria Palomino, que lles conta unha historia que marcarÃa o futuro da expedición. O seu fillo morrera, vinte anos atrás, cando fóra buscar ó máis alto gando perdido. Alà non só vira ruÃnas de edificios, senón que tamén se atopou cunha “vÃbora de cabeza dourada”. AÃnda que non lle atacou, Victoria contoulle que lle dera tal susto que entroulle unha profunda depresión que o levarÃa á morte pouco despois. Nas alturas dos Andes, a lenda confúndese coa realidade.
O equipo comeza a ascensión. Son varios dÃas de moverse entre a vexetación a cachetazos, en terreos nos que os cabalos non poden nin andar. Ó chegar a un val, comezan a atopar o agardado. Muros, paneis, andéns, e logo as dúas fortalezas que protexÃan a capital. Ó final, no alto da montaña, no medio da vexetación descobren as ruÃnas. Del Valle intúe que aquelo xa é a cidade perdida. O final dun camiño. Expedicións posteriores certificarán case ó completo que as ruÃnas son Vilcabamba. Neste verán, o equipo volverá á cidade e comezará a limpeza de máis de 14.000 metros cadrados de xungla. Será o momento de rescatar un dos capÃtulos máis importantes da historia de América Latina.
O trasfondo: a cooperación
Cinco anos nunha zona provocan moitas veces nos arqueólogos vinculacións que van máis alá do histórico. Hoxe en dÃa se está a desenvolver unha curiosa experiencia: o proxecto de cooperación Labañou-Vilcabamba. O seu obxectivo é cooperar coa zona de Vilcabamba, un espacio profundamente deprimido do Perú, mediante accións sociais. Con diñeiro dos veciños do barrio de Labañou, na Coruña, e axudas de organismos oficiais coma o SERGAS, hoxe en dÃa se están a levar a cabo actividades na zona. Deste xeito, construÃuse un centro social ou se realizaron campañas de saúde. Hoxe en dÃa existen numerosos vÃnculos entre o Labañou coruñés e a Vilcabamba peruana. Unha apaixonante secuela dunha historia que comezou cun señor de Betanzos que casou cunha princesa inca no corazón dun Imperio derrotado.

GalerÃa: As imaxes da expedición
Santiago del Valle é o promotor da expedición. Xornalista e historiador, nesta instantánea está falando dende Cusco, punto de partida das exploracións do antigo Reino inca de Vilcabamba.
GalerÃa: As imaxes da expedición
Santiago del Valle, o médico coruñés Xosé Anxo Vidal Pan e varios habitantes da zona.
GalerÃa: As imaxes da expedición
Un dos guÃas excava para confirmar que se trata dun antigo camiño inca que leva á cidade perdida de Vilcabamba.