Dosier: Monicreques en Galicia

Muros acolle a primeira escola de verán de títeres e marionetas

14/8/2009 | Santiago. Redacion | Seccións: espectaculosteatrodosier
26 lecturas | Compartido 0 veces
Do 24 ao 30 de agosto a cita cos títeres está en Esteiro (Muros). É nesta localidade onde se desenvolve a primeira edición dunha Escola de verán que organiza a Unión Internacional da Marioneta. A escola impartirá catro cursos (manipulación de monicreques con luvas, construcción de monicreques en madeira, dramatruxia e posta en escena e configuración analóxica de luz e son). Con esta iniciativa, ademais do aspecto formativo, pretenden denunciar a ausencia de centros específicos para formar aos profesionais destas sectores. Lembramos as actividades, encontros e iniciativas de monicreques e títeres no noso dosier.
É unha das referencias de monicreques do noso país
O Festival de Títeres de Redondela cumpre 10 anos

Notas do público a este tipo de montaxes
Os espectadores valoran cun notable as montaxes da Rede Galega de Teatro e Auditorios

É a compañía máis veterá deste campo
Monicreques de Kukas celebra de xira os seus trinta anos

Galicreques é outra das referencias no noso país
Galicreques cumpre trece anos con espectáculos para grandes e pequenos

A Sala Yago foi, ata o seu peche, o escenario principal deste tipo de actividade
A Sala Yago pecha as súas portas despois de máis de cincuenta anos de actividades con interrupcións

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares