A filial española da editorial francesa Glenat publicará en breve a triloxÃa Cita na Habana de Fran Jaraba, nun único volume baixo o tÃtulo De sangre y ron. Mi Cuba. Deste xeito, péchanse as negociacións que o autor estivo mantendo coa editorial desde o Salón do Cómic de Barcelona. A obra, de coidada ambientación histórica, conta a historia dun soldado que se enrola no exército por unha cuestión de namoramento. Cita na Habana fora editada en galego no seu momento por Xerais. A nova edición de Glénat non conterá material inédito propiamente dito, mais Jaraba retocou algunhas páxinas da obra e redebuxou e deu cor de novo a outras. Ademais o volume levará textos explicativos da Guerra de Cuba e comentarios do autor. Agárdase que De sangre y ron saia publicado para finais de ano, probablemente como novidade de luxo para o Nadal, en palabras do coordenador editorial Hernán Migoya.