Existe o proxecto inconcreto de facer unha edición de Viñetas desde o Atlántico de inverno, moi pensado para un público máis adepto á causa explica Miguelanxo Prado, director do encontro que desde hai doce anos é un principal referente na banda deseñada en Galicia. Iso si, Prado deixa claro que o formato actual (encontro moi centrado en que os autores convidados se sintan cómodos e como un referente cultural máis na cidade) vai permanecer. Canda este, hai moitos máis proxectos.
Con doce anos de traballo ás costas e con cambios de afinación e pequenos retoques, o director de Viñetas non deixa de ollar cara adiante. Primeiro, en canto ao deseño do encontro, hai desde hai tempo a oferta de crear unha asociación ou relación para acadar logros maiores explica Prado. Refírese á oferta feita por Amadora, o principal festival de banda deseñada de Portugal que se celebra en Lisboa, que lle permitiría traer exposicións de primeiro nivel ás que, por separado, non poderían acceder.
Outro dos proxectos de futuro é xa case unha reivindicación histórica. Non é novo o proxecto de Miguelanxo Prado de crear un Museo do Cómic. Sería unha entidade que acollera programación continuada e na que Viñetas sería algo así como a festa de fin de curso, na que se exhibira o traballo de todo o ano. Despois de catro ou cinco anos acariñando o proxecto, no que había diferentes institucións interesadas, o proxecto continúa en stand-by. Durante tres anos tivemos a posibilidade de ser o primeiro. O museo catalán está en marcha como proxecto e nun prazo inferior a dous anos, abrirá as súas portas. Foi unha ocasión dourada que deixamos pasar apunta.
Pero Prado non deixa de ollar cara adiante e ten outras ideas na cabeza para o futuro do encontro. Trátase de facer unha edición de inverno de Viñetas. Mantería a mesma marca pero xa non sería un festival, senón unha exposición máis contundente con actividades e mesas de debate. Un encontro que, sen perder o referente de dinamizador cultural, sería unha manifestación máis dirixida a un público adepto á causa (afeccionados avanzados, universitarios, debuxantes, guionistas ). En todo caso, o propio Prado apunta que é un proxecto inconcreto ao que lle falta bastante para madurar.
Un formato diferente
Viñetas desde o Atlántico é un festival de banda deseñada diferente de todos os que se realizan no Estado. Primeiro porque é un evento institucional que o concello se encarga de financiar en exclusiva, apunta o seu director, Miguelanxo Prado; e en segundo lugar porque é un feito cultural en si mesmo. As mostras de Viñetas son das máis importantes a nivel temporal das que se acolle nos veráns coruñeses, principalmente pola calidade dos autores que expoñen. Prado explica que a fórmula é pór o foco no autor e na súa obra, con independencia de que sexa máis ou menos popular, máis clásico, consagrado ou descoñecido.
A miña experiencia me di que un encontro é na medida que están os diferentes autores. E nisto Viñetas tamén é diferente. Trátase dunha serie de aspectos que o público non pode ver pero do que si se beneficia. Os autores non queren esa tramoia teatral que está detrás dun encontro de banda deseñada, a eles o único que lle importa é que se vexa a súa obra e que sexa tratada por profesionais (refírese a montadores e técnicos que se encargan de darlle forma á exposición) que acostumen a tratar ese tipo de material explica Prado. Viñetas ten esas características porque é un encontro pequeno, cun horario accesible para autores, nada saturados de incómodas presentacións e entrevistas, cun ambiente case familiar.
Pero Prado advirte que a fórmula non vai cambiar. É inevitable que desde colectivos e grupos con diferentes sensibilidades se propoñan variantes. Por exemplo, pídennos que se conciba Viñetas como un encontro máis independente, máis indi. Ás veces sendo moi interesantes non encaixan na fórmula. Para Prado é clave non perder o referente de que non se pode desvincular do feito cultural que é para cidade. Na última edición, segundo o director, Viñetas tivo 70.000 visitantes, unha cifra a ter en conta para o seu deseño.
Esta edición
Mentres tanto, para abrir boca este ano Viñetas presenta unha oferta variada moi centrada na presenza de autores españois e nos valores propios que, como Alex Cal ou Emma Ríos, traballan para o mercado americano. Prado destaca a conferencia de McCloud xa que non é moi frecuente unificar as dúas facetas como autor e como teórico, que seguro nos deixará unhas reflexións moi interesantes.
Ademais, nese modelo de certame próximo, nesta edición un dos convidados fará unha visita comentada dunha exposición. Trátase de Jaume Vaquer, un coleccionista mallorquín que posúe unha das coleccións máis destacadas de cómic americano. Ademais, Prado explica que propuxo un interesante fío condutor sobre o guión que nos pareceu moi destacado, xa que sempre nos resulta complicado darlle presenza visible ao traballo dos guionistas. E todo isto, xunto co traballo dos autores galegos e as presentacións editoriais.