Para as editoras galegas haberá altas, baixas e modificacións nesta edición de Viñetas, con respecto a anos anteriores. El Patito Editorial lanza en castelán e mais en galego Hexed de Emma RÃos, que está convidada ao festival e verá asà compilado nun só tomo o seu debú americano. Cerditos de Guinea, selo coruñés que ata a data se tiña desenvolvido exclusivamente como un proxecto de autoedición de David Prieto Gochi, pásase á publicación de obras alleas, sacando en galego Os cinco loitadores e Gárgolas, tÃtulos procedentes do mercado francófono. Un ámbito que xa foi incorporado en varias ocasións ao catálogo da pontevedresa FaktorÃa K de Libros, a cal neste verán publica só unha novidade, en concreto a obra didáctica Como facer un cómic. Noutra entidade que ten colaborado con esta última editora, a asociación BD Banda, a noticia é a ausencia de novidades, xa que no Viñetas de 2009 non estreará ningún tÃtulo. Por último, na asociación Polaqia, que saca mañá á venda tres cómics novos (Barsowia nº14, Sketchbook nº3 e Habitación 13), a nova vén pola marcha de Kike Benlloch, cofundador do grupo en 2001 e principal promotor durante os seis primeiros anos dos nove en total que pertenceu ao colectivo.