Todo comezou en 2008, cando a Real Academia de Belas Artes do Rosario concedeulle ao Colexio Oficial de Arquitectos a súa Medalla de Ouro pola súa defensa do patrimonio cultural. Foi entón cando o seu presidente, Celestino García Braña, decidiu recoller todo o camiño percorrido e facer unha publicación. O resultado chámase Espazos de Cultura e da pé a revisar os fitos máis importantes de destes anos.
Congresos, debates, publicacións durante os últimos 35 anos, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia desenvolveu un intenso traballo nunha dobre dirección. Dunha banda, contribuír a mellorar a profesión e, da outra banda, tentar achegar á sociedade que o seu é moito máis que facer casas. O resultado dese empeño traduciuse en publicacións, investigacións, congresos e proxectos que se fixeron de xeito continuado e ininterrompido para mellorar a nosa calidade de vida. No fondo, os arquitectos somos construtores de espazos nos que vivimos, traballamos e onde a sociedade en xeral desenvolve a súa vida diaria explicaba Celestino García Braña, presidente do COAG, na presentación da publicación que sirve de crónica da existencia deste colexio.
As publicacións
Obradoiro e Monografías son, respectivamente, a primeira e a última publicación periódica que mantén o COAG. Da primeira, Celestino asume que ten o mérito de ser unha das publicacións máis antigas e ininterrompidas, aínda que a súa periodicidade sexa dispar, que pretende achegar reflexións críticas de feitos que estaban sucedendo na realidade. Era, en palabras do presidente do COAG, unha forma de interiorizar aqueles temas que eran o cerne das preocupacións da sociedade.
Canda isto, durante estes quince ano o COAG editou numerosas publicacións relacionadas co desenvolvemento das cidades, xornadas sobre a destrución do patrimonio... moi vencellada á realidade social. Hoxe ninguén discute que os cascos históricos teñan que estar libres tráfico e protexidos, explica Celestino, que apunta é algo moi recente e que impulsaron os arquitectos, contra a opinión de todo o mundo que nos acusaba de buscar a ruína de negocios e moitas actividades.
Os premios do COAG
Comezaron no ano 87 como un modo de resaltar a tarefa máis propia dos arquitectos, é dicir, os traballos creados e pensados aquí. Unha forma de por en valor aos propios profesionais e de darlle relevancia nun momento no que arquitectos de sona internacional comezaban a construír en Galicia. Guadalupe Piñera Manso e D. Jesús Irisarri Castro, Iago Seara, Alfredo Freixeiro, Felipe Peña . Foron algúns dos galardoados ao longo das trece edicións que teno premio. Para Celestino García Braña foi o lugar de encontro no que se a arquitectura e a política (convidados aos actos de entrega) deron pé a relacións máis próximas. O feito autonómico presentou unha proximidade entre o colexio e a administración que non sempre foi doada pero sempre da lealdade institucional explica entre as desavinzas entre ambos colectivos.
O Día Mundial de Arquitectura
O colexio internacional de arquitectos decidiu institucionalizar un día (primeiro luns do mes de outubro) para lembrar o seu traballo. É un día no que debemos saír dos nosos edificios e buscar un contacto máis directo coa xente, co obxectivo de trasladarlle á sociedade a importancia da arquitectura. Para Celestino debe primar o feito de que a arquitectura non só é unha utilidade, pero é moito máis, é o contorno, o medio, o lugar onde formamos as nosas mentalidades, temos que lograr espazos agradables nas nosas vivendas. E, despois, espazos agradables nas nosas cidades é un modo de facer persoas. Heidegger ten dito que somentes construíndo habita o home.
Proxecto Terra
En 2002 tres arquitectos e un profesor da área de ciencias sociais, dentro das propostas de actividades culturais do Colexio de Arquitectos, a elaborar materiais sobre a arquitectura popular, a contemporánea e a identidade territorial. O seu obxectivo era incorporar todo este traballo aos contidos didácticos do segundo ciclo a área de Ciencias Sociais da Educación Secundaria para mellorar a percepción sobre o contorno. Á iniciativa chamóuselle Proxecto Terra e o resultado foi a creación dun programa que xa se estendeu a outras comunidades e outros países.
Congresos, exposicións
Arquitectos de relevancia internacional (Siza, Zaha Hadid, Shigeru Ban ), políticos, xeógrafos, sociólogos . ao longo destes anos de actividade, o COAG conseguiu achegar a Galicia creadores do momento para reflexionar sobre os aspectos candentes da actualidade. Experiencias que, tal e como explica o Celestino teñen as dúas vertentes: dun lado están as nosas inquedanzas internas como profesionais pero, do outro, non queremos que estas cousas queden no interno das nosas paredes e buscamos que teñan unha maior repercusión social. A arquitectura ou está vencellado á sociedade ou non é nada.
A biblioteca
Cando comezaron o seu traballo, o COAG consideraba que a arquitectura non estaba o suficientemente documentada nas bibliotecas universitarias. Por iso, puxeron en marcha un espazo propio no que os investigadores e creadores puideran mellorar a súa formación. Trinta e cinco anos despois, a súa biblioteca é un espazo de referencia na arquitectura tanto popular como contemporánea.