Selos galegos apostan pola BD francobelga

A oferta inclúe aventuras e obras didácticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Obras orixinarias do mercado europeo francófono serán editadas en galego co gallo de Viñetas desde o Atlántico. A editorial pontevedresa Faktoría K publica Como facer un cómic, un álbum no que Lewis Trondheim e Sergio García explican as claves narrativas da banda deseñada. Sairá tanto en castelán como en galego. No entanto, a coruñesa Cerditos de Guinea distribuirá os primeiros tomos de senllas coleccións europeas: Os Cinco Loitadores, sobre un quinteto de enmascarados que practican a loita libre, e mais Gárgolas, coas aventuras máxicas dun rapaz. Noutra orde de cousas, Edicións do Cumio prepara o cuarto volume da serie xaponesa Bícame Profe, mais non estará preparado para Viñetas desde o Atlántico e sairá en setembro.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Cómic, Banda deseñada...