Un informe asegura que a costa galega é que máis se degradou no último ano

Ecologistas en acción constata 55 puntos con impactos irreversibles

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Unha bandeira negra significa, para Ecologistas en acción, un impacto irreversible no noso medio. E segundo esta confederación, que agrupa a máis de 300 asociacións deste tipo en toda España, Galicia ten 55 bandeiras deste tipo no seu litoral. Canda estas, a nosa costa tamén ten 102 puntos negros, que son agresións que se poden reverter. Deste xeito, Galicia pasa a liderar o ranking nacional de degradación ambiental no informe que elabora anualmente Ecologistas en acción. Dous anos antes, esta mesma fonte cuantificaba en Galicia 4 bandeiras e 49 puntos negros.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións

Claves

Conceptos